Boże Ciało é un filme polaco-francés de 2019 dirixido por Jan Komasa e escrito por Mateusz Pacewicz. Estreouse na 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia na sección Venice Days. Tamén foi presentado na sección "Contemporary World Cinema" do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2019. En Venice Days, o filme gañou o premio Europa Cinemas Label e o premio Edipo Re Inclusion. Foi escollido como candidato de Polonia para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, chegando a saír nomeado.

Sinopse Daniel é un devoto católico que está a cumprir unha condena por asasinato en segundo grao ao que os seus antecedentes impedirán que siga o seu soño de converterse en sacerdote trala liberación. Asígnano para traballar no serradoiro dunha pequena poboación e mentres visita a igrexa local finxe ser un cura. O vigairo coñéceo e crendo a súa mentira déixao temporalmente ao cargo da igrexa mentres el está nun tratamento médico. Daniel comeza a realizar todas as tarefas de párroco e a gozalas.

Personaxes Bartosz Bielenia como Daniel Aleksandra Konieczna como Lidia a sancristá Eliza Rycembel como Marta Sosińska Leszek Lichota como o alcalde Łukasz Simlat como padre Tomasz Tomasz Ziętek como Pinczer Barbara Kurzaj como a viúva

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Polonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua polaca Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes sobre relixión Categoría:Filmes ambientados en Polonia Categoría:Filmes sobre loito