O novo cemiterio xudeu de Praga (en ) foi estabelecido en Žižkov no ano 1891 para aliviar o problema de espazo no antigo cemiterio xudeu da cidade. É unhas dez veces meirande que o antigo 10 e ten espazo para unhas 100 000 tumbas, tendo unha capacidade para servir durante un século. , Pražská Informační Služba Tamén existe unha área especialmente deseñada para urnas, malia que a tradición xudía non permite a cremación. O cemeterio aínda está en uso e é xestionado pola Comunidade Xudía de Praga.
O cemiterio salienta polos seus monumentos de estilo art nouveau, entre eles, dous monumentos de membros da familia Perutz creados por Jan Kotěra, o monumento ó artista Max Horb creado por Jan Štursa coa forma dun pavón en loito, e diversos motivos esculturais e decorativos de estilo art nouveau.Marie vitochova Jindrichkjer and Jiri Vsetecka, Prague and Art Nouveau, translation by Denis Rath and Mark Prescott, Prague: V Raji, 1995.
Tumbas de sona Franz Kafka Arne Laurin Arnošt Lustig Jiří Orten Ota Pavel
Notas
Categoría:Cemiterios de Praga Categoría:Xudaísmo na República Checa