Manuel Celso Callón Loureiro, nado en Vilanova de Arousa cara a 1912 e finado en Vilagarcía de Arousa o 22 de xullo de 1985,Faro de Vigo, 24-7-1985, p. 32. foi un político galego.
Traxectoria Foi presidente da Juventud de Izquierda Republicana. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi enlace entre Vilagarcía e a Illa de Arousa e despois agochouse. Perseguido con especial saña, rexistraron varias veces o seu domicilio familiar da Lagoa na sospeita de que está entobado, e a noite do 14 de agosto incendiaron a casa, pero Celso xa marchara. Tras estar fuxido, entregouse en 1938. Foi xulgado por deserción en Ferrol o 2 de xuño de 1939El Correo Gallego, 2-6-1939, p. 2. e condenado a 6 anos de prisión militar menor. Foi xogador do Arosa e vicepresidente e presidente do club. Foi presidente do Liceo de Vilagarcía. En 1975 participou na Asamblea Democrática de Arousa.La Voz de Galicia, Arousa, 2-7-2000, p. 6. Vida persoal Casou en Vilagarcía de Arousa con María de la Encarnación Recuna Otero en febreiro de 1943,El Pueblo Gallego, 24-2-1943, p. 5. e foi pai de Celso e Encarnación Callón Recuna.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes