Die Brücke é un filme alemán de 1959 dirixido polo austríaco Bernhard Wicki. Baséase na novela homónima do xornalista e escritor Gregor Dorfmeister (publicada baixo o alcume Manfred Gregor). A historia está baseada en feitos reais en base a un informe persoal dun veterano sobrevivente que na súa xuventude experimentou unha situación semellante durante a segunda guerra mundial.
Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 32ª edición dos premios.
Sinopse Alemaña, 1945. A segunda guerra mundial está rematando e neste contexto un grupo de adolescentes dunha pequena vila é mobilizado pola Wehrmacht, ante a escaseza de soldados adultos, e élles encomendada unha misión: protexer unha ponte a toda costa fronte ao ataque dos aliados.
Personaxes Folker Bohnet como Hans Scholten Fritz Wepper como Albert Mutz Michael Hinz como Walter Forst Frank Glaubrecht como Jürgen Borchert Karl Michael Balzer como Karl Horber Volker Lechtenbrink como Klaus Hager Günther Hoffmann como Sigi Bernhard Cordula Trantow como Franziska Wolfgang Stumpf como Studienrat Stern Günter Pfitzmann como Unteroffizier Heilmann Heinz Spitzner como Hauptmann Fröhlich Siegfried Schürenberg como Oberstleutnant Bütov Edith Schultze-Westrum como nai Bernhard Ruth Hausmeister como nai Mutz Eva Vaitl como nai Borchert Hans Elwenspoek como Ortsgruppenleiter Forst Trude Breitschopf como nai Forst Klaus Hellmold como pai Horber Edeltraut Elsner como Barbara Inge Benz como Sigrun Georg Lehn como soldado do escuadrón de demolición Vicco von Bülow como Stabsfeldwebel Zeisler
Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 32ª edición dos Óscar Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste Categoría:Filmes dirixidos por Bernhard Wicki Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados en 1945 Categoría:Filmes baseados en feitos reais