Ncuti Gatwa (/ˈʃuːti ˈɡætwɑː/), nado en Kigali o 16 de outubro de 1992, é un actor ruandés-escocés. É coñecido por interpretar o papel de Eric Effiong na serie orixinal de Netflix Sex Education, polo cal recibiu a aclamación da crítica pola súa representación dun adolescente negro e homosexual.
Traxectoria Gatwa naceu no distrito de Nyarugenge, en Kigali, Ruanda o 15 de outubro de 1992 O seu pai, Dr. Tharcisse Gatwa, que procede do distrito Karongi, é un xornalista cun PhD en teoloxía. Gatwa criouse en Escocia, principalmente en Edimburgo e Dunfermline. Asistiu ós institutos Boroughmuir e Dunfermline e graduouse no Real Conservatorio de Escocia en Glasgow cun BA en actuación no ano 2013.
Carreira profesional En maio de 2018, anunciouse que Gatwa protagonizaría xunto con Gillian Anderson e Asa Butterfield a serie orixinal de Netflix Sex Education, interpretando o papel de Eric. A serie estreouse o 11 de xaneiro de 2019, recibindo a aclamación da crítica.
A interpretación de Gatwa como Eric Effiong en Sex Education recibiu moi boas críticas e comentarios culturais, que salientaron que a personaxe non foi relegado ó cliché do personaxe homosexual típico ou o mellor amigo negro.
Filmografía Cinema Ano Título PapelNotas2019Horrible Histories: The Movie – Rotten RomansTimidiusTBAThe Last Letter from Your LoverPosprodución
Televisión Ano Título Papel Notas2014 Bob Servant Cliente 1 episodio2015 Stonemouth Dougie 2 episodios2019–presente ''Sex Education Eric Effiong Papel protagonista; 16 episodios
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Kigali Categoría:Actores de Escocia Categoría:Actores de Ruanda