miniatura|260px|Exemplar xuvenil de Panulirus cygnus, a lagosta australiana. miniatura|260px|Jasus edwardsii, especie do sur de Australia e de Nova Zelandia.
A dos palinúrios (Palinuridae) é unha familia de crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos aquelados (que non teñen quelas ou pinzas),Palinuridae Latreille, 1802 no WoRMS. Consultado o 15 de febreiro de 2020. que comprede unhas 60 especies, coñecidas vulgarmente como lagostas.palinúridos, en Xosé Feixó, dir. (1999): Dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-091-3.
Taxonomía Descrición A familia foi desrita en 1802 polo zoólogo francés Pierre André Latreille.Palinuridae Latreille, 1802 no ITIS.
Etimoloxía O nome científico da familia, Palinuidae, está formado sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Palinurus, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.
Sinónimo Ademais de polo protónimo que lle impuxo Latreillr, a familia coñeceuse tamén polo sinónimo:Synaxidae Spence Bate, 1881 no WoRMS.
Synaxidae Spence Bate, 1881
Clasificación Na actualidade (2020) na familia coñécense os seguintes 11 xéneros:
Jasus Parker, 1883 Justitia Holthuis, 1946 Linuparus White, 1847 Nupalirus Kubo, 1955 Palibythus Davie, 1990 Palinurellus von Martens, 1878 Palinurus Weber, 1795 Palinustus A. Milne-Edwards, 1880 Panulirus White, 1847 Projasus George & Grindley, 1964 Puerulus Ortmann, 1897 Sagmariasus Holthuis, 1991
Porén, algúns autores, como os expertos do ITIS, só recoñecen estes 8:
Jasus Parker, 1883 Justitia Holthuis, 1946 Linuparus White, 1847 Palinurus Weber, 1795 Palinustus A. Milne-Edwards, 1880 Panulirus White, 1847 Projasus George & Grindley, 1964 Puerulus Ortmann, 1897
Características As principais característiucas dos membros deta familia son: Corpo co cacho sen rostro, ou cun moi rudimentario. Patas sen pinzas verdadeiras, co primeiro par non moi desenvolvido (agás en Justitia sp). Antenas alongadas, cilíndricas, máis longas que o corpo.
Rexistro fósil O rexistro fósil das langostas ampliouse notabelmente co achado en 1995 dun fósil de 110 millóns de anos preto de El Espiñal, en Chiapas, México. Os investigadores da Universidade Nacional Autónoma de México nomearon este fósil como Palinurus palaecosi e informaronn que é o máis achegado aos membros do xénero Palinurus que actualmente viven nas costas de África.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001): An updated classification of the recent Crustacea. Science Series, 39. Natural History Museum of Los Angeles County. Los Angeles, CA, USA. Chan, T. Y. (2010): "Annotated Checklist of the World's Marine Lobsters (Crustacea: Decapoda: Astacidea, Glypheidea, Achelata, Polychelida)". The Raffles Bulletin of Zoology''. Supplement Nº 23: 153–181.
Categoría:Decápodos