Elizabeth Bragg, nada en San Francisco o 23 de abril de 1854 e finada o 10 de novembro de 1929, é unha enxeñeira estadounidense. Foi a primeira muller en obter o título de enxeñaría civil dunha universidade norteamericana.

Traxectoria Criada no seo dunha familia burguesa, Elizabeth Bragg foi unha dos nove fillos de Robert Bragg e Mary Bragg, de Philbrook. O seu pai era un importante construtor de barcos en San Francisco. Tres dos seus irmáns entraron no negocio familiar, mentres Elizabeth e as súas irmás estudaron unha carreira universitaria en ciencia ou enxeñaría.

En 1876, Elizabeth Bragg licenciouse en enxeñería civil pola Universidade de California en Berkeley. Converteuse así na primeira estadounidense que obtivo o título de enxeñeira.

En 1888 casou con George Cumming, enxeñeiro civil da Compañía Ferroviaria do Pacífico Sur. Elizabeth Bragg nunca traballou como enxeñeira.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Mulleres enxeñeiras Historia das mulleres na enxeñaría

Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1929