Laughing Stock é o quinto e derradeiro álbum de estudio da banda británica de art rock Talk Talk, publicado o 16 de setembro de 1991 a través do selo Verve Records. Despois do seu anterior lanzamento, Spirit of Eden (1988), o baixista Paul Webb deixou o grupo, quedando reducido Talk Talk ao dúo formado polo vocalista e multiintrumentista Mark Hollis e o batería Lee Harris. Talk Talk deixou entón EMI de forma pouco amigable, fichou por Verve Records, e gravou Laughing Stock nos Wessex Sound Studios de Londres Wessex Sound Studios co produtor Tim Friese-Greene dende setembro de 1990 ata abril de 1991.
O álbum foi loubado por parte da crítica. Pitchfork situouno no número 11 da súa lisda dos mellores álbums dos 90 dicindo que "crea o seu propio contorno e convírtese nalgo máis que a suma dos seus sons". Nunha lista do ano 2007 Stylus Magazine elixíuno o mellor álbum de post-rock.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Talk Talk Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums de Polydor Records