Lin Dan, nado en Longyan (Fujian) o 14 de outubro de 1983, é un xogador de bádminton chinés, dúas veces campión olímpico, cinco veces campión do mundo e seis veces campión do All England.

Amplamente considerado o mellor xogador de bádminton de todos os tempos, aos 28 anos completou o "Super Grand Slam", tras gañar os nove títulos principais do mundo do bádminton: Xogos Olímpicos, Campionato de Mundo, Copa do Mundo, Thomas Cup, Sudirman Cup, Super Series Masters Finals, All England Open, Xogos Asiáticos e Campionatos de Asia, converténdose no primeiro xogador en conseguilo. Tamén foi o primeiro xogador individual masculino en gañar dúas medallas de ouro consecutivas. A súa vitoria do Aberto de Malaisia en 2017 marcou o éxito de Lin ao lograr todos os grandes títulos mundiais.

En 2004, foi chamado "Super Dan" polo seu rival Peter Gade tras gañar a final do All England Open, e o alcume foi empregado dende entón polos seus seguidores e polos medios de comunicación recoñecendo os seus méritos.

Traxectoria Lin naceu nunha familia hakka no condado de Shanghang, Longyan, Fujian. De novo, foi animado polos seus pais a aprender a tocar o piano e converterse en pianista. Non obstante, escolleu xogar ao bádminton. Tras comezar o seu adestramento con cinco anos, foi recrutado polo Equipo Deportivo do Exército de Liberación Popular tras gañar o campionato nacional júnior con doce anos, e alistado na selección nacional chinesa en 2001, con dezaoito anos.

Lin ten unha relación coa tamén campioa do mundo de bádminton Xie Xingfang dende 2003. Comprometéronse de xeito privado o 13 de decembro de 2010 en Haizhu, Guangzhou. Xie inicialmente negou a relación, mais posteriormente recoñceuna, ao que Lin reacción enfadao pola exposición pública da parella, citando razóns de privacidade persoal. Casaron o 23 de setembro de 2012 nunha cerimonia na Universidade de Tecnoloxía de Beijing.

O 17 de outubro de 2012, converteuse no primeiro xogador de bádminton chinés en activo que aceptou un mestrado, presentado na Universidade Huaqiao. A súa autobiografía, Until the End of the World, foi publicada tras defender con éxito o seu título olímpico nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.

Títulos N.º Ano Torneo Rival na final Marcador 1. 2002 Aberto de Corea Shon Seung-mo 1–7, 7–3, 7–3, 7–5 2. 2003 Aberto de Dinamarca Chen Yu 15–4, 15–6 3. 2003 Aberto de Hong Kong Boonsak Ponsana 15–4, 9–15, 15–8 4. 2003 Aberto da China Wong Choong Hann 17–16, 15–12 5. 2004 Aberto de Suíza Bao Chunlai 15–12, 15–6 6. 2004 All England Open Peter Gade 9–15, 15–5, 15–8 7. 2004 Aberto de Dinamarca (2) Xia Xuanze 15–12, 15–11 8. 2004 Aberto de Alemaña Xia Xuanze 17–16, 15–9 9. 2004 Aberto da China (2) Bao Chunlai 15–11, 15–10 10. 2005 Aberto de Alemaña (2) Muhammad Hafiz Hashim 15–8, 15–8 11. 2005 Aberto do Xapón Chen Hong 15–4, 2–0r 12. 2005 China Masters Bao Chunlai 15–6, 15–13 13. 2005 Aberto de Hong Kong (2) Bao Chunlai 15–10, 15–4 14. 2005 World Cup Boonsak Ponsana 21–13, 21–11 15. 2006 All England Open (2) Lee Hyun-il 15–7, 15–7 16. 2006 Aberto de China Taipei Lee Chong Wei 21–18, 12–21, 21–11 17. 2006 Aberto de Macau Lee Chong Wei 21–18, 18–21, 21–18 18. 2006 Aberto de Hong Kong (3) Lee Chong Wei 21–19, 8–21, 21–16 19. 2006 World Championships Bao Chunlai 18–21, 21–17, 21–12 20. 2006 Aberto do Xapón (2) Taufik Hidayat 16–21, 21–16, 21–3 21. 2006 World Cup (2) Chen Yu 21–19, 19–21, 21–17 22. 2007 Aberto de Corea (2) Chen Jin 21–14, 21–19 23. 2007 Aberto de Alemaña (3) Chen Yu Walkover 24. 2007 All England Open (3) Chen Yu 21–13, 21–12 25. 2007 China Masters (2) Wong Choong Hann 21–19, 21–9 26. 2007 World Championships (2) Sony Dwi Kuncoro 21–11, 22–20 27. 2007 Aberto de Dinamarca (3) Bao Chunlai 21–15, 21–12 28. 2007 Aberto de Hong Kong (4) Lee Chong Wei 9–21, 21–15, 21–15 29. 2008 Aberto de Suíza (2) Lee Chong Wei 21–13, 21–18 30. 2008 Aberto de Tailandia Boonsak Ponsana 17–21, 21–15, 21–13 31. 2008 Xogos Olímpicos Lee Chong Wei 21–12, 21–8 32. 2008 Aberto da China (3) Lee Chong Wei 21–18, 21–9 33. 2009 All England Open (4) Lee Chong Wei 21–19, 21–12 34. 2009 World Championships (3) Chen Jin 21–18, 21–16 35. 2009 China Masters (3) Boonsak Ponsana 21–17, 21–17 36. 2009 Aberto de Francia Taufik Hidayat 21–6, 21–15 37. 2009 Aberto de China (4) Jan Ø. Jørgensen 21–12, 21–12 38. 2010 Badminton Asia Championships Wang Zhengming 21–17, 21–15 39. 2010 China Masters (4) Chen Long 21–15, 13–21, 21–14 40. 2010 Xogos Asiáticos Lee Chong Wei 21–13, 15–21, 21–10 41. 2011 Aberto de Corea (3) Lee Chong Wei 21–19, 14–21, 21–16 42. 2011 Aberto de Alemaña (4) Chen Jin 21–19, 21–11 43. 2011 Badminton Asia Championships (2) Bao Chunlai 21–19, 21–13 44. 2011 World Championships (4) Lee Chong Wei 20–22, 21–14, 23–21 45. 2011 Aberto de Hong Kong (5) Chen Jin 21–12, 21–19 46. 2011 Aberto da China (5) Chen Long 21–17, 26–24 47. 2011 Super Series Masters Finals Chen Long 21–12, 21–16 48. 2012 Aberto de Alemaña (5) Simon Santoso 21–11, 21–11 49. 2012 All England Open (5) Lee Chong Wei 21–19, 6–2r 50. 2012 Xogos Olímpicos (2) Lee Chong Wei 15–21, 21–10, 21–19 51. 2013 World Championships (5) Lee Chong Wei 16–21, 21–13, 20–17r 52. 2014 China Masters (5) Tian Houwei 21–14, 21–9 53. 2014 Badminton Asia Championships (3) Sho Sasaki 14–21, 21–9, 21–15 54. 2014 Aberto de Australia Simon Santoso 22–24, 21–16, 21–7 55. 2014 Aberto de China Taipei (2) Wang Zhengming 21–19, 21–14 56.2015 Xogos Asiáticos (2) Chen Long 12–21, 21–16, 21–16 57. 2015 Badminton Asia Championships (4) Tian Houwei 21–19, 21–8 58. 2015 Aberto do Xapón (3) Viktor Axelsen 21–19, 16–21, 21–19 59. 2015 Aberto do Brasil Pablo Abián 21–13, 21–17 60. 2016 Aberto de Alemaña (6) Chou Tien-Chen 15–21, 21–17, 21–17 61. 2016 All England Open (6) Tian Houwei 21–9, 21–10 62. 2016 China Masters (6) Chen Long 21–17, 23–21 63. 2017 Aberto de Suíza (3) Shi Yuqi 21–12, 21–11 64. 2017 Aberto de Malaisia Lee Chong Wei 21–19, 21–14 65. 2018 Aberto de Nova Zelandia Jonatan Christie 21–14, 21–19 66. 2019 Aberto de Malaisia (2) Chen Long 9–21, 21–17, 21–11

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Lin Dan en BWF.tournamentsoftware.com Lin Dan en BWFbadminton.com

Categoría:Nados en Fujian Categoría:Nados en 1983 Categoría:Xogadores de bádminton olímpicos da China Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos en bádminton Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola China Categoría:Xogadores de bádminton nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de bádminton nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Xogadores de bádminton nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de bádminton nos Xogos Olímpicos de 2016