Gordos é un filme español de 2009 dirixido por Daniel Sánchez Arévalo e protagonizado por Antonio de la Torre. Conta cinco historias que xiran arredor da obesidade, cunha contorna común: un grupo de terapia, un sitio onde os protagonistas non van adelgazar, senón a atopar os motivos polos cales teñen sobrepeso, a pescudar as causas polas cales están a contragusto co seu corpo. Foi un dos tres filmes candidatos a representar España nos Premios Óscar de 2009.

Sinopse Comedia dramática sobre os excesos e as carencias da vida. Os complexos, as fobias, as obsesións, os traumas, os erros, os medos, a culpa, os desexos, as ilusións, os retos, os compromisos, as metas, as relacións, o amor, o sexo, a saúde, a familia... A supervivencia, no máis amplo sentido da palabra. Gordos é unha historia coral que xira arredor dunha terapia de grupo, de xente con problemas relacionados coa obesidade.

Personaxes Antonio de la Torre como Enrique Roberto Enríquez como Abel Verónica Sánchez como Paula Raúl Arévalo como Álex Leticia Herrero como Sofía Fernando Albizu como Andrés María Morales como Leonor Pilar Castro como Pilar Adam Jezierski como Luis Marta Martín como Nuria Teté Delgado como Beatriz Roberto Álamo como Párroco Seidina Mboup como Cheick Miguel Ortiz como Jesús José David Pérez como Samuel

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado8ª ediciónMellor filmeDaniel Sánchez ArévaloNomeadoMellor directorDaniel Sánchez ArévaloNomeadoMellor actriz secundariaTeté DelgadoNomeadaMellor dirección artísticaCurru Garabal Gañador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Daniel Sánchez Arévalo