A illa Santa Bárbara é unha pequena illa con arrecifes coralinos situada no océano Atlántico, preto da costa do Brasil, sendo a maior do arquipélago dos Abrolhos, que administrativamente forma parte do estado de Baía.

Características político-xeográficas Xeografía Cunha lonxitude de 1,5 km e un largo de 0,3 km, é a maior illa do arquipélago dos Abrolhos, sendo a súa altitude máxima de 35 msnm. Dista 65 km da costa do estado de Baía, do que administrativamente forma parte. É a única habitada, xa que posúe infraestruturas pertencentes á Mariña do Brasil. O arquipélago constitúe o Parque Nacional Mariño dos Abrolhos (aínda que a zona militar está excluída nos límites do Parque).Parque Nacional Marinho dos Abrolhos. Ministério do Meio Ambiente. Cadastro Nacional de Unidades de Conservação. . Consultado o 14 de febreiro de 2020.

Construcións e equipamento Na illa foi constrída unha capela erguida en homenaxe a Santa Bárbara, santa padroa dos navegantes, e tamén ten unha pequena sala de aulas que serve aos nenos, fillos dos militares que alí viven coa súa familia. Existen así mesmo outras construcións, como un pequeno porto para barcos, un heliporto e un vistoso faro, de fabricación francesa, encravado no punto máis alto da illa, e que foi inaugurado en 1861 durante o reinado de Pedro II.

Como a introdución de animais e vexetais non está permitida, por mor do Parque Nacional, practicamente todos os alimentos consumidos é levado desde o continente, tamén tendo en conta que a pesca tampouco está permitida nos límites do Parque.

Fauna e flora Fauna O Parque Nacional é de enorme importancia no ecosistema brasileiro, xa que alberga a maior biodiversidade mariña de todo o Atlántico Sur, pois as formacións coralinas acollen unha gran diversidade de fauna mariña e, en terra, hai numerosas aves nidificantes nas formacións rochosas, principalmente os mascatos; outros tipos de aves circundantes pola zona son especies de carráns, proceláridos, fragatas e outras da orde dos faetóntidos.

En canto á fauna mariña, hai numrosas especies de peixes, moluscos, corais, esponxas e tartarugas mariñas.

Entre os mamíferos mariños destaca a balea xibardo (Megaptera novaeangliae). O arquipélago dos Abrolhos é a máis importante área de reprodución desta especie no Atlántico suroccidental. Todos os anos, entre os meses de xullo a novembro, o xibardos teñen nesta rexión o seu refuxio de reprodución e aleitamento das crías.

Flora A illa é rica en especies de plantas suculentas, gramíneas, arbustos e cactos.

Notas

Categoría:Illas do Atlántico Categoría:Illas do Brasil Categoría:Estado da Baía