Arca ameghinorum é unha especie extinta de bivalvos presente no Cretáceo e Paleóxeno da Formación Roca, na Patagonia Arxentina. Atopáronse moldes internos desta especie mal conservados na canteira de Cholino, General Roca.DEL RÍO, C. J., CONCHEYRO, A. & MARTÍNEZ, S. A. (2011): The Maastrichtian – Danian at General Roca (Patagonia, Argentina): a reappraisal of the chronostratigraphy and biostratigraphy of a type locality. – N. Jb. Geol. Paläont. Abh., 259: 145; Stuttgart

Descrición Arca é un xénero de moluscos bivalvos da familia Arcidae, a cal se caracteriza por ter unha charnela longa composta por moitos dentes. A cuncha varía de tamaño pequeno a grande e está cuberta por un perióstraco fibroso e con veludo, xeralmente de cor escura. Algunhas especies péganse ao substrato por medio do biso, o cal sae a través dunha fenda na marxe ventral.Cruz, R.A. 1985.Revisión taxonómica sobre la familia Arcidae. Uniciencia. vol:2. nª1. Escuela de Ciencias Biológicas, Universidad Nacional de Heredia, Costa Rica.

Outros datos A maioría das especies nomeadas por Rudolf von Ihering (1903, 1907) como neste caso, definíronse en moldes internos ou por mostras articuladas, polo que non é posible facer revisións a nivel xenérico, pero o material recoñécese facilmente no nivel de especie.DEL RÍO, C. J., CONCHEYRO, A. & MARTÍNEZ, S. A. (2011): The Maastrichtian – Danian at General Roca (Patagonia, Argentina): a reappraisal of the chronostratigraphy and biostratigraphy of a type locality. – N. Jb. Geol. Paläont. Abh., 259: 145; Stuttgart

Notas

Véxase tamén

Categoría:Bivalvos