A Memoria en defensa dos intereses morais e materiais de Cataluña, tamén coñecido popularmente como Memorial de Greuges (en catalán; en galego, Memorial de agravios), foi un documento dirixido a Afonso XIII en 1885 imitando o xeito das queixas ou agravios (greuges, en catalán) que se presentaban nas antigas Cortes do Principado de Cataluña.
miniatura|Retrato de Valentí Almirall, o redactor do Memorial. Historia
A reunión O 11 de xaneiro de 1885 por inciativa do Centre Catalá celebrouse, na Lonxa de Barcelona, unha reunión que xuntou os representantes dun feixe de organizacións, fundamentalmente do empresariado e a industria catalá, entre as que estaban a Academia da Lingua Catalá, a Sociedade Económica Barcelonesa de Amigos do País, Fomento da Produción Española, Centro Industrial de Cataluña, Asociación de Católicos, Asociación de Navieiros, Círculo da Unión Mercantil e a Asociación Excursionista Catalá, xunto con varias figuras recoñecidas das ciencias e as letras.Jutglar (1983), p. 14 Na reunión tratáronse temas que preocupaban en Cataluña pero, especialmente, ás súas clases dirixentes, como por exemplo: a vindeira sinatura dun tratado comercial con Gran Bretaña de tal xeito que a produción téxtil británica competiría coa catalá e, tamén, o novo Código Civil que se estaba a debater nas Cortes de Madrid que podería anular o dereito civil catalán; feito que xa ocasionara a protesta do deputado e xurista conservador Manuel Duran i Bas, que fora apoiado por uns 4.000 propietarios que remitiran unha carta ás Cortes.
Ao concluí-la reunión, acordouse formar dúas comisións; unha encargada de redactar un memorial dirixido ao rei Afonso XII, e outra de xestiona-la viaxe e a estancia en Madrid das persoas que o presentaran na Corte. A comisión encargada de redactar o Memorial estaba formada por nove persoas entre elas o industrial de Sabadell, Antoni de Paula Capmany e Valentí Almirall -promotor do Primeiro Congreso catalán celebrado en 1880 e do que xurdiría o Centre Català-, a quen se lle atribúe a redacción da maior parte,Jutglar (1983), p. 14Jutglar (1983), p. 48 xa que aparece, reflectida a idea, á que Almirall volvería nos escritos posteriores, de que a incomprensión entre Cataluña e o Estado debíase ao conflito do elemento étnico castelán, ao que o seu patrimonio árabe contribuíu "ao seu desexo de xeneralización, á súa paixón polas ideas abstracto e o seu cariño pola magnificencia das formas, e o catalán, "individualista e amigo do positivo". A continuación, reivindicouse a lingua catalá -que ten "obras de peón en case todas as ramas"- e lamentouse a decadencia de Cataluña dende os Reis Católicos e especialmente despois da "catástrofe temporal de Filipe V".
A entrega O Memorial foi presentado en Barcelona nun acto durante o cal Joaquim Rubió i Ors pronunciou un discurso e logo foi levado a Madrid por unha numerosa comisión que foi recibida polo rei Afonso XII o 10 de marzo de 1885. O ex deputado conservador Marià Maspons i Labrós actuou como voceiro e falou do "sistema xa seguido en España nos días da nosa grandeza" e propuxo unha relación especial entre o rei e Cataluña fóra do marco da Constitución, seguindo o modelo do Imperio Austrohúngaro.Claret & Santirso (2014), pp. 88-89 De feito, dixo no seu discurso que, no Memorial, non había intencións de romper a legalidade constitucional nin a unidade territorial:
Tamén se defendeu o proteccionismo fronte ao proxecto de acordo comercial entre España e Gran Bretaña e o dereito catalán,
Para concluír dicindo:
Consecuencias Este documento foi o resultado da colaboración de intelectuais coa burguesía industrial catalá, e é considerado o primeiro acto político do catalanismo fóra de Cataluña. Durante moito tempo, o Memorial, foi o resumo máis completo do que foi o catecismo catalanista durante anos. A partir da dualidade Cataluña-Castela e da opresión histórica de Cataluña pola segunda, o rexionalismo preséntase como o movemento que debe rexenerar o estado español, ofrecendo unha reorganización do estado monárquico. Ademais trata dunha forma reivindicativa a mellorable situación da Cataluña da segunda metade do século XIX co obxectivo de xustificar as súas aspiracións futuras dentro da unidade de España, á cal non foi cuestionada. A morte do rei seis meses máis tarde, fixo que o Memorial non tivera efecto algún.Claret & Santirso (2014), p. 89 Porén, foi o primeiro acto do catalanismo político fóra de Catalauña e converteuse no precedente dunha formulación máis completa que foron as Bases de Manresa en 1892.
Actualidade En outubro de 2013, o goberno de Cataluña decidiu actualizar a Memoria de 1885. A actualización enviouse ás autoridades españolas e á comunidade internacional. Os tres temas principais do informe foron a lingua e a cultura, os conflitos de intereses e a débeda.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:1885 Categoría:Documentos Categoría:Historia de España do século XIX Categoría:Nacionalismo catalán Categoría:Historia de Cataluña