O Rally Rías Baixas de 2019 foi a 53ª edición de dita proba e o terceiro rally da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 17 e o 18 de maio e o vencedor foi Víctor Senra.

Itinerario Constou de 11 treitos que sumaron 110,05 km, coa novidade do regreso ao rally do treito polo Monte do Castro, co que se abriu a competición. Déronse dúas pasadas a dito tramo o venres (estando o parque pechado situado nos aparcadoiros da praia de Samil), mentres que o resto de treitos corréronse a tripla pasada o sábado, sendo estes Vigo-Monte Alba, Gondomoar-O Porriño e Salceda de Caselas.

Inscritos Inscribíronse 152 pilotos, entre os que destacaban as presenzas do bicampión de Galicia e líder do campionato, Víctor Senra, do campión do rally anterior, Manuel Fernández, o tres veces campión de Asturias Óscar Palacio, así como de Alberto Meira, Iago Caamaño, Ricardo Costa ou Luis Vilariño.

Resumo Tras a disputa dos dous treitos urbanos do venres o portugués Ricardo Costa colocouse líder, con tres décimas de vantaxe sobre o asturiano Óscar Palacio, e un segundo sobre Alberto Meira, terceiro. Víctor Senra sufriu un trompo e perdeu doce segundos co líder, rematando o día en novena posición. Con todo, Senra colocouse líder do rally xa no primeiro tramo do sábado, ao sacarlle case 13 segundos ao segundo, Alberto Meira, e máis de 17 a Costa. Perdeu a primeira posición no terceiro treito fronte a Alberto Meira, que marcou o mellor tempo nese tramo e no seguinte, pero un trompo de Meira e outro scratch de Senra, fixeron que este último se colocase de novo na primeira posición tras o TC-5 en Salceda de Caselas. Uns problemas no turbo de Meira fixéronlle perder moito tempo nos seguintes tres treitos, que se adxudicou Senra, e aínda que conseguiu solucionalos e marcar o mellor tempo nas tres últimas pasadas non logrou arrebatarlle a vitoria ao piloto de Dumbría, que lograba así a súa primeira vitoria nesta proba, con Meira segundo e Costa completando o podio.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Víctor Senra Moncho LópezCitroën C3 R5Yacar Racing1h07:27.4952 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team1h07:48.7963 Ricardo Costa Rui VilaçaCitroën DS3 R5Dona Urraca1h08:19.5474 Iago Caamaño Alberto RodríguezFord Fiesta R5Lalín Deza1h08:31.9725 Manuel Fernández Alejandro CidFord Fiesta R5T. Martínez Racing1h08:57.0046 Óscar Palacio José Luis SánchezFord Fiesta R5Recalvi Team1h10:15.6337 Luis Vilariño Alfredo CarballoFord Fiesta N6Lalín Deza1h10:31.2338 David González "Couceiro" Gustavo PirisFord Fiesta R5Rías Baixas1h10:53.8319 Jorge Cagiao Amelia BlancoRenault Clio N5Recalvi Team1h11:08.50110 Pablo Rey Luis HernándezSuzuki Swift N5A. Ferrol1h11:45.81011 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezRenault Clio R3 Evo MaxGalicia Motorsport1h12:17.01512 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing1h12:33.05613 Antonio Fernández Alejandro LópezMitsubishi Lancer Evo VIIIMiño-Lugo1h12:38.63714 Francisco Dorado Roi TorrentePeugeot 208 R2Miño-Lugo1h13:03.88015 Pedro Freire Fernando HermidaFord FiestaRías Baixas1h13:14.21716 Jorge Pérez Alonso Ángel Pérez AlonsoBMW M3Barbadás1h13:57.71217 Joaquín Pérez Adrián MuñizPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h14:43.34318 Rubén López Damián OutónCitroën C2 GTSarria Motor1h15:15.14419 Javier Estévez Pablo GregorioFord Fiesta R2Surco1h15:29.17320 Hugo Martínez Álvaro VilaBMW M3 E36Desguaces Tino Racing1h15:44.89021 Diego Vila Álex AlonsoCitroën SaxoDona Urraca1h15:53.64722 Celestino Iglesias Duarte Bárbara GómezFord Fiesta R2Desguaces Tino Racing1h16:04.20223 Javier Andrade José CañasBMW 320iRías Baixas1h16:04.50224 Isaac Durán Hugo VarelaCitroën Saxo 1.6 16VSurco1h16:14.06025 Alberto Nimo José Antonio PintorMitsubishi Lancer Evo XLalín-Deza1h16:33.34626 Fermín Sousa Víctor Manuel GonzálezRenault 5 GT TurboCarracedo Competición1h16:33.37727 Miguel Rodríguez Roberto PáramosFord Fiesta N5Rías Baixas1h16:48.17928 Jorge Garnelo Javier MartínezPeugeot 106One Seven1h17:01.98429 Rubén Ojea José Ramón SeoaneCitroën C2Rías Baixas1h17:03.82330 Alberto Alonso Adrián VázquezPeugeot 106 GTILeiro Desguaces1h17:08.58031 Pablo Pazo Sergio MartínezSuzuki Swift SportSurco1h17:12.20832 Jacobo Campos Cristian CamposCitroën SaxoDona Urraca1h17:45.99633 Javier Bouza José Antonio VázquezSuzuki Swift Sport CopaA. Ferrol1h17:57.99534 Miguel Álvarez José Luis BarciaPeugeot 206 XSBarbadás1h18:01.54935 Rubén Puime Ezequiel SalgueiroPeugeot 206Pontevedra 1984 Team1h18:12.02836 José Manuel Lamela Néstor CasalSuzuki Swift SportYacar Racing1h18:41.12537 José Manuel Cabezas Luis Miguel PregoPeugeot 106 GTIRVS Motorsport1h19:07.72338 Adrián Otero Maikel MárquezBMW M3Desguaces Tino Racing1h19:45.77639 Jorge Coca Diego VázquezCitroën C2Carballiño1h19:53.56340 David Grandal Javier VarelaSuzuki Swift SportSiroco Narón1h20:24.798

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación completa do rally Revista oficial Rally Rías Baixas 2019 en ewrc.com .

Categoría:Rally Rías Baixas Categoría:Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally