Carlomán (en alemán: Karlmann), nado en 830 e finado o 22 de marzo de 880, foi o fillo máis vello do monarca carolinxio Lois o xermánico. Reinou como rei de Baviera desde o 876 e como rei de Italia desde o 877.

Traxectoria Carlomán naceu no 830, o primeiro fillo de Lois o Xermánico e da súa muller Emma de BavieraMonumenta Germaniae Historica, tomus IX; Genealogiae Comitum Flandriae, p. 303,. Cando chegou á idade adulta, reclamoulle ao seu pai un reino propio para gobernar, revoltándose no 861 e de novo no 863Annales Bertiniani, p. 105 . Logo os seus dous irmáns máis pequenos Luís e Carlos o Gordo uníronse ás súas demandas e rebeláronseAnnales Bertiniani, p. 218 . Luís foi obrigado a establecer o repartimento do seu reino entre os tres fillos: a Carlomán prometeulle o reino de Baviera, que tamén incluía Pannonia, Carintia, Bohemia, Moravia e as marcas orientais. Saxonia foi asignada a Luís e a Carlos a SuabiaFoundation for medieval genealogy..

En 876 morreu Lois o Xermánico e os tres irmáns herdaron os respectivos reinos. A diferenza do que sucedera entre o seu pai e os tíos, e estaba a suceder cos seus curmáns, os tres irmáns mantiveron a concordia entre eles e actuaron xuntos para coordinando as súas políticas. miniatura|O imperio carolinxio á morte de Lois II o Xermánico. Os territorios asignados a Carlomán están de cor púrpura. miniatura| O Imperio carolinxio á morte de Carlos o Calvo, Carlomán engade o reino de Italia ás súas posesións. Á morte de Carlos o Calvo de Francia occidental, Carlomán aproveitou para atravesar os Alpes e proclamarse rei de ItaliaAnnales Bertiniani, p. 241 . Tamén buscou converterse en emperador, pero no 879 sufriu un ictusAnnales Bertiniani, p. 259 que lle provocou paraplexía e o incapacitou para gobernar. Dado que non tiña descendencia lexítima, dividiu o reino entre os seus dous irmáns, dando Baviera a Luís e Italia a CarlosMonumenta Germaniae Historica, tomus I, p. 592. Carlomán morreu ao ano seguinte.

Familia Devanceiros

Matrimonio e descendencia Carlomán casou coa filla (de nome descoñecido) de Ernesto I, conde de NordgauAnnales Bertiniani, p. 106 .

Carlomán tivo unha amante de nome LiutwwindisMonumenta Germaniae Historica, Diplomata Regum Germaniae ex Stirpe Karolinorum, tomus III: Kaiserkunden Arnolf n° 87, p. 129, cuxa ascendencia non se coñece e con quen tivo un fillo. Ao seu fillo bastardo Arnulfo cedeulle o ducado de Carintia e máis tarde habíase converter en rei dos francos orientais.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Sigmund Ritter von Riezler: "Karlmann, König von Baiern und von Italien" . En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Tomo 15, ed. Duncker & Humblot, Leipzig 1882, p. 397–400. René Poupardin: "I Regni carolingi (840-918)", en "Storia del mondo medievale", vol. II, 1999, pp. 583-635 Allen Mayer: "I Vichinghi", en "Storia del mondo medievale", vol. II, 1999, pp. 734-769

Categoría:Nados en 830 Categoría:Finados en 880 Categoría:Carolinxios Categoría:Reis de Baviera Categoría:Reis de Italia