EDUSAT é un satélite artificial da Universidade La Sapienza de Roma lanzado o 17 de agosto de 2011 mediante un foguete Dnepr desde a base de Dombarovsky.

Características O satélite ten unha masa de 11 kg e está deseñado para probar varias tecnoloxías en órbita. Está enfocado a que futuros satélites similares teñan participación da industria e de centros de investigación para os seus propios proxectos. EDUSAT adícase a facer medicións do campo magnético terrestre, a verificar principios dinámicos, á detección de raios cósmicos e a medir a constante solar, así como a estudar métodos de deorbitación de satélites, o comportamento de células solares en órbita e a validar un modelo de transpondedor en banda S.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dnepr

Categoría:Satélites artificiais