dereita|miniatura|Muller varrendo a cociña.

O traballo doméstico ou traballo do fogar é todo traballo, remunerado ou non, realizado no ámbito do fogar, desde os actos organizativos dunha casa ou propiedade até a realización de cada unha das actividades domésticas, incluíndo cociñar, limpar, facer a coada ou reparar danos. A persoa que realiza este traballo de forma remunerada é denominada traballador ou traballadora doméstica, mentres a persoa que o fai sen unha retribución formal adoita ser denominada ama ou amo de casa.

Na maior parte do mundo, a maioría do traballo doméstico, tanto remunerado como o que non, é realizado por mulleres.Trabajo Doméstico y de Cuidados No Remunerado. ONU Mujeres. 2016.

En La gran revolución doméstica (1981), Dolores Hayden rescatou o legado dun pequeno grupo de pensadoras estadounidenses ( Melusina Fay Peirce, Charlotte Perkins Gilman—, Marie Stevens Howard, Mary Livermore, Ellen Swallow Richards, e Ethel Puffer Howes, ..., configuraban o que Hayden chamou ‘feminismo materialista’Díez Martínez, Daniel (2024). Queda mucho por hacer: menos cajitas y más ciudad. En: "La renovación del sueño americano: el género, la vivienda y la vida familiar". Estudios Universitarios de Arquitectura (EUA) (36). Editorial Reverté, Barcelona, pp. 241-257. ISBN 978-84-291-2136-0.), que entre 1830 e 1930 postularon que a arquitectura e o urbanismo podían contribuír á abolición dos roles laborais estereotipados por xénero e da repartición desigual das tarefas domésticas e do coidado dos nenos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Traballo reprodutivo

Categoría:Feminismo Categoría:Comportamento humano Categoría:Traballo Categoría:Xénero