Ángeles Liboreiro Ramos, nada en Vigo o 8 de novembro de 1956, é unha xogadora de baloncesto galega retirada.
Traxectoria Gañou tres títulos da Copa da Raíña (1980, 1981 e 1983) e tres ligas (76-77, 78-79 e 81-82) co Real Club Celta Baloncesto.
Foi 15 veces internacional júnior e unha vez campioa de España júnior. Ademais foi 51 veces internacional absoluta coa selección feminina de baloncesto de España, coa que xogou tres edicións do Campionato Europeo de Baloncesto Feminino: en 1974, 1976 e 1978. Tras retirarse, foi adestradora do equipo Compañía de María de Vigo. Vida persoal
Casou co tamén baloncestista Vicente Rodríguez García "Cholas".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Perfil de Ángeles Liboreiro na páxina da Federación Internacional de Baloncesto Perfil de Ángeles Liboreiro na páxina da Selección Feminina Absoluta
Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes