Lene Vestergaard Hau, nada en Vejle o 13 de novembro de 1959, é unha física danesa.
Traxectoria En 1999 dirixiu o equipo da Universidade Harvard (Estados Unidos de América.) que logrou reducir a velocidade dun raio de luz a aproximadamente 17 metros por segundo. No 2001 conseguiron deter un raio momentaneamente. Isto foi posible grazas ao uso dun superfluído.
En 1989 aceptou unha estadía de investigación en Ciencias Físicas por dous anos na Universidade Harvard. Obtivo o seu doutoramento da Universidade de Aarhus en 1991. A súa especialidade é a física teórica, pero o seu interese moveuse á investigación experimental nun esforzo de crear un novo tipo de materia coñecido como condensado de Bose-Einstein. En 1991 incorporouse ao cadro de persoal científico do Instituto Rowland para a Ciencia, en Cambridge (Estados Unidos de América). Dende 1999 ocupa as cátedras de Física Aplicada e Física, en Harvard.
Recoñecementos As distincións en recoñecemento ao seu labor científico e de servizo inclúen:
Bolsa MacArthur Fellowship (2001-2006); O premio NKT da Sociedade Física Danesa (2001); A medalla Ole Rømer, outorgada polo presidente da Universidade de Copenhague (2001); Un título honorífico, Æreshåndværker Kjøbenhavns Håndværkerforening (2001); Samuel Friedman Rescue Award, da Fundación Friedman, Universidade de California, Os Ánxeles (2001); O premio Ano 2000 da Top Danmark Foundation, Copenhague (2000); O premio de J. C. Jacobsen, outorgado pola Fundación Carlsberg, Dinamarca (1989); Bolsa de investigación outorgada pola Facultade de Ciencias da Universidade de Aarhus.
Outorgóuselle, ademais, un posto honorario na Real Academia Danesa de Ciencias.
Véxase tamén
Outros artigos
Mulleres en física
Ligazóns externas Grupo de investigación de Lene Hau . Nota na Harvard Gazette do 7 de febreiro de 2007 . ''Lene Hau en PhysicsCentral .
Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Físicos de Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Syddanmark Categoría:Nados en 1959 Categoría:Físicos cuánticos