Do ermo é un libro de poesía de Antonio Noriega Varela, publicado en 1920, que recolle textos do anterior libro Montañesas e tivo posteriores edicións.

Mesmo se pode considerar que Montañesas e Do ermo son sucesivas versións do mesmo libro.

Edicións

En 1904 publícase Montañesas (que leva un prólogo de Leopoldo Pedreira). Son 16 poemas. En 1910 sae unha segunda edición corrixida e aumentada. Son 53 composicións, doce da anterior edición, da que tamén foron suprimidas catro por non as considerar o autor adecuadas ou decorosas.. En 1920, da Imprenta de Antonio Otero sae Do ermo, con dezaoito poemas de Montañesas e trinta novos, en total corenta e oito. Nese mesmo 1920 faise unha reimpresión da obra. En 1929 a Tipografía Centro de Acción Social de Mondoñedo fai unha "Novísima edición aumentada" incorporándose a serie de 21 sonetos. En 1946, pouco antes de morrer Noriega Varela, sae Do ermo. Cuarta edición (a luguesa) aumentada, Imprenta La Voz de la Verdad, que vén sendo como a obra completa do autor. Nesta edición diferenciáronse tres partes: A virxen y-a paisanaxe, Montañesas e Do ermo. A edición inclúe un fragmento dun poema de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, unha carta do poeta saudosista portugués Teixeira de Pascoaes, unhas notas para a interpretación do poeta da autoría de Francisco Leal Insua. Do ermo son agora 102 poemas. miniatura|Do ermo na edición da Biblioteca Básica da Cultura Galega. Galaxia fixo unha edición de Do ermo en 1982, dentro da colección Biblioteca Básica da Cultura Galega, baseándose principalmente na edición testamentaria, aínda que introducindo algúns cambios, como introducir algúns poemas que non figuraban no libro, e adaptando os poemas ás normas ortográficas do momento. En 1991 Francisco Fernández del Riego publicou na Biblioteca das Letras Galegas, o volume A. Noriega Varela. Poesía, que inclúe a reedición do poemario. En 1994 Xosé Ramón Freixeiro Mato publicou en dous volumes Antonio Noriega Varela. Estudo e edición da obra completa, editada pola Deputación de Lugo. En 2021, Galaxia, 206 páxs., Col. Biblioteca Nós, ISBN 978-84-9151-740-5.

Fernández del Riego e Carballo Calero consideraron que Noriega Varela é autor dunha única obra, corrixida e aumentada varias veces. Pola contra, Otero Pedrayo e Freixeiro Mato diferencian entre Montañesas e Do ermo tal e como era a intención do autor. Dolores Vilavedra e Xosé Ramón Pena tamén consideran que Montañesas e Do ermo son dous libros de seu, que responden a unha evolución da súa poesía.

Análise Das dúas obras poéticas de Noriega Varela, Montañesas representa o realismo costumista decimónico, con poemas onde louva as tradicións populares e composicións longas de carácter narrativo-descritivo. Do Ermo representa unha liña poética máis depurada, lírica e persoal.

A poesía de Do ermo serve de ponte entre o legado do século XIX e a literatura do século XX. A modernización do código estético vén dada polo coñecemento da poesía portuguesa, por emparentarse co modernismo europeo de Jammes ou Mistral e por ter raíces na poesía clásica de Virxilio, Horacio e Ovidio. Aínda que para Méndez Ferrín Noriega é un poeta mediocre, moitas veces apegado a unha sinxeleza que adoita ser virtude dos poetas misérrimos. Para Freixeiro Mato o libro ten un carácter unitario, potenciado pola constante presenza da montaña e pola actitude lírica do poeta, nunha posición de humildade franciscana, ademais de pola relixiosidade. Hai unha estrutura cronolóxica clara, en paralelo coa biografía de Noriega, como o tránsito da vida á morte.

Hai moitos temas, o lirismo persoal que acolle a morte da nai ou dun fillo. O desprezo da gloria mundana relacionado co menosprezo da vida urbana e o eloxio da vida retirada. Tamén o “tempus fugit” nalgúns sonetos asociado á saudade da mocidade perdida. E a metamorfose (Ovidio) do orballo que se converte en alfaias. Tamén está presente a saudade con citas a Rosalía de Castro. Mesmo hai algúns poemas humorísticos e satíricos dos recollidos despois.

Os dous temas máis citados son o costumismo e o lirismo da natureza.

O Costumismo Hai versos tirados da tradición popular, con indicación ou non da súa procedencia. Están presentes as circunstancias da vida dos labregos, na liña do XIX. O poeta adopta o punto de vista mental dun labrego para enxergar a vida. O poeta fala como labrego, expresando as ideas do montañés na lingua do montañés. Con vizoso realismo son pintadas as troulas da mocidade, as burlas, os rebuldeos e tolemias da xente nova . Hai poemas agrarios que describen a vida rural sen adoptar unha liña revolucionaria ou reformista, senón máis conservadora e reaccionaria. Hai tamén algúns exemplos de poesía social de corte agrarista e anticaciquil, finalmente repudiados polo propio autor que os retirou de sucesivas edicións, poemas que serviron á causa das reivindicacións agrarias.

Moitos dos poemas recollen a relixiosidade dos brañegos, a tradición relixiosa do mundo rural, o cristianismo sinxelo da xente da aldea, coas súas romarías e as súas devocións.

O poeta canta na lingua do montañés as mágoas da súa vida: o pobre que non ten leña para o lume, os cativos que levan o gando ao monte, o vello que garda a vaca que só ten toxo para pacer, a cega que anda polas portas... De aí o seu uso dunha lingua popular de acordo coa súa ideoloxía conservadora e tradicionalista.

O lirismo da natureza Canta os aspectos máis humildes da natureza, contemplada con tenrura polo poeta. Estes poemas caracterízanse pola ausencia de anécdota, neles atópanse sós o poeta e a natureza; Noriega identificábase coa soidade do ermo e denominábaa como unha actitude de tenrura polas cousas máis humildes da paisaxe de montaña. A súa soidade interior non é total, porque ten unha compañeira, a paisaxe do ermo, montañesa, que é o seu agarimo e o seu consolo. O poeta foxe da sociedade humana e refúxiase na natureza da montaña, a soidade do ermo é para el un paraíso. As criaturas máis sinxelas da paisaxe son para el as súas irmás: a chorima, a neve, a carriza, a pucharquiña, a xesta, o orballo. Estes humildes seres convértense en símbolos dunha piedade e tenrura que é, para o autor, o símbolo da verdadeira Galicia.

Son poemas "franciscanos", a súa achega máis orixinal, onde o eu do poeta aparece só, mergullado no medio da paisaxe na procura da estética do máis sinxelo da natureza, na que os seres máis pequenos espertan sentimentos de amor e solidariedade. Mais non están tan achegados ao sentimento da caridade como os de San Francisco. Poemas a un penedo, ao orballo, á flor do toxo están moi próximos a unha lírica franciscana de fraternidade coa natureza . A louvanza da montaña é un verdadeiro “locus amoenus”, onde a súa alma busca refuxio, na liña do “beatus ille” de Horacio. Para Aquilino Iglesia Alvariño Noriega é máis poeta franciscano ca poeta da montaña.

Nestes poemas franciscanos hai versión ao galego ou adaptacións de poetas en español ou doutras linguas, como Teixeira de Pacoaes ou Lamartine. Para Xosé Ramón Pena:

Nos poemas posteriores cando escribe para unha minoría ilustrada a lingua que usa xa non é tan rural e colorista, é máis culta e abstracta no que ten moito que ver o seu achegamento ao portugués.

Sonetos Para Carballo Calero os sonetos representan a culminación da lírica de Noriega . Segundo Dolores Vilavedra son o chanzo máis importante da súa produción xa que se combinan moi ben os motivos de inspiración clásica coas da montaña e a súa xente . A súa métrica é algo novo na poesía galega ao romper as combinacións de rimas clásicas. Cambia ás veces as rimas dos cuartetos afastándose da tradición española de esquema uniforme nos dous cuartetos e achegándose aos italianos Dante e Petrarca.

Na edición de 1929 hai 22 sonetos, na edición de 1920 só eran dous. Foron escritos en Trasalba e na Graña de Vilarente baixo a influencia das lecturas de poetas portugueses. É a súa poesía máis literaria e máis culta que nos lembra a Camões, Guerra Junqueiro, Teixeira de Pascoaes ou Eugénio de Castro. A lingua está lonxe da fala rústica de poemas anteriores, o poeta achégase á lingua culta portuguesa e colle moitos cultismos na forma grecolatina, é unha lingua máis culta.

Son franciscanos, inciden na temática anterior pero enmarcándoa dentro do molde métrico do soneto e engadíndolle pinceladas de influencia lusa. Predominantemente son lírica da natureza, franciscanos, o poeta sitúase fronte ao mundo bucólico, do ermo, e exprésao personificándoo en canto, personificación que avanza ás veces en humanización dos elementos.

Contido Edición de 1982. Fale meu bisavó. Longo poema no que se crítica a perda das tradicións galegas.

Teño amores na montaña. Datado en Trasalba en 1924.

De ruada. Poema premiado nun certame literario en Mondoñedo en 1895. Poema longo en tres partes. Déitoos comigo na cama. 8 versos sobre os ranchiños (porquiños). Prás canónigas.

Á montaña.

O demo. Sal dus pomares. 10 versos curtos. Soa a gaita. Pouca mamoria. Sobre Rosenda de Cadeivido e Carmiña de Sisalda, dúas mozas pobres. Caso imprevisto. No enterro de Curros. 10 versos lembrando a morte do poeta.

Un vinculeiro. O vinculeiro ten riqueza mais vive coma un pobre. Neniño chamou o gado. 10 versos para a vida dun home que aos dez anos xa chamaba o gando. Esforzadas mulleres. Canto ás mulleres que traballan. Porque é de tan mala entraña... 9 versos. Con ferreñas e pandeiro. Cinco cantares de dúas estrofas cada un. O boi solto... Oito versos sobre o refrán O boi solto ben se lambe. Díxenlle a unha xirifeira... Só 5 versos. Cadro conforme, amigo.... Hai moitas portas cerradas para a pobreza, mais non as do prebiterio nin as da igrexa. Torneo. Dedicado a Nazario Abel Corredoira. Oito versos. Calvos de Randín. Glosa do cantar popular:

Do San Juan de Romariz. Fragmento. Poema longo sobre a romaría do santo en dúas partes. Unha ofrendiña abrileña. Dedicado a María Clotilde Pulpeiro, xentil moza ribeirana. E porque é tan lugués.... Soneto. ¿Luguesas? Tres versos:

Cousa bonita. Dúas partes. Pasa un vermiño. Dedicado a Enrique Chao Espina. Seis versos. As froliñas dos toxos. Un dos poemas máis coñecidos do lirismo da natureza en Noriega Varela.

Pedriña que fala. Os primeiros versos son cita en castelán. Montouto. Tres versos. Diante dos que aturuxan forte.

Jauja. Cinco versos. Alegría, Madalena... Tres versos. Nosa fala. O brañego eloxia a lingua galega. Pastoriña e reina. Galernazo. Sete versos sobre a galerna en Corme . Prá ufanía das olas. Sete versos. Laberquiña. Canto ao paxaro, á laverca (Alauda arvensis). Brancura. Fala a musa dos píncaros. (píncaro: cume, parte máis alta) Oubea o lobo....

No carro. Por ser contigo. De Alonso de Bonilla. Poema dialogado. Fresca rosa. Á señora de Belén, en Galdo. Lembra a Nicomedes Pastor Díaz. Desde un esquivo lugar. Cantar montañés. Á señora dos Remedios. Glosa da cantiga popular:

Pra que a inerme probeza. En vela. Oito versos. Onda unha fonte. Do P. Vicente Rigueiros. O trono da paz. Dedicado a Ramón Otero Pedrayo. Prá probeza. Selvosos lugares. Seis versos. Festa no monte. Seis versos. Toda humilde belleza. Dedicado a don Purificación de Cora Sabater. Un dos poemas máis coñecidos do libro e representivo do lirismo da natureza.

Poema comentado en ogalego.eu.

Nus farrapos. Bendito sea Dios. Canción humilde. De Teixeira de Pascoaes. Saben as ilusiós miñas....

Soberbio pazo. Oito versos. O sol e o mar. Catro versos. Ora é unha abedoeira... Na cruz de aquel rosario. Seis versos. Xesús na cruz do rosario. Rarezas.

Pombiña brava. Fillo do corazón. Este soneto está composto a imitación dun soneto de Camoens (Alma minha gentil que te partiste) e chora a morte dun fillo. Presenta moitas semellanzas formais con el. É o soneto formalmente máis ortodoxo e tradicional. ¿E no haberá unha rafiña?... Breve poema protagonizado por unha cega que pide esmola.