It's Beginning to and Back Again, tamén coñecido como IBTABA, é o sexto álbum de estudio da banda británica de post-punk Wire, publicado en maio de 1989 a través do selo Enigma Records. O seu título vén da letra do seu terceiro tema, "German Shepherds".

A metade do álbum está formado por reinterpretacións de actuacións ao vivo de material do seu anterior traballo, A Bell Is a Cup... Until It Is Struck. As gravacións están "baseadas en actuacións en Chicago, Portugal e Londres". Os temas ao vivo foron deconstruídos no estudio e remesturados por Wire. O álbum contén o sinxelo "Eardrum Buzz", que foi o sinxelo máis exitoso de toda a historia da banda, chegando ao número 2 da lista Billboard Modern Rock Tracks e ao número 68 no Reino Unido.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Wire Categoría:Álbums musicais de 1989 Categoría:Álbums producidos por John Fryer Categoría:Álbums producidos por Paul Kendall Categoría:Álbums de Enigma Records