Félicité é un filme franco-senegalés de 2017 dirixido por Alain Gomis. Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na competición oficial da 67ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín. En Berlín, o filme gañou o Gran Premio do Xurado. Nos Premios da Academia do Cinema Africano de 2017, gañou seis premios, incluíndo as categorías de mellor filme, mellor actriz, mellor actor secundario, mellor edición, mellor banda sonora e mellor filme nunha lingua africana, converténdose no filme máis laureado da historia dos premios.
Foi escollido como candidato do Senegal para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, chegando a clasificarse na lista curta de decembro. Foi a primeira vez que o Senegal enviou un filme para a consideración da Academia.
Sinopse Ambientado na República Democrática do Congo, conta a historia dunha muller que loita por obter cartos logo de que o seu fillo foi hospitalizado.
Personaxes Véro Tshanda Beya Mputu como Félicité Gaetan Claudia como Samo Papi Mpaka como Tabu Nadine Ndebo como Hortense Elbas Manuana como Luisant Kasai Allstars como eles mesmos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Senegal propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua lingala Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Senegal Categoría:Filmes de Francia