é un telefilme de animación xaponés de 1993 dirixido por Tomomi Mochizuki e escrito por Kaori Nakamura. Baséase na novela homónima de Saeko Himuro. Foi animado por Studio Ghibli para Tokuma Shoten e Nippon Television Network. Estreouse o 5 de maio de 1993 a través de Nippon TV. Foi o primeiro e único filme de Studio Ghibli feito para a televisión. Trátase do único filme de Studio Ghibli onde os grandes piares da compañía non participaron (Hayao Miyazaki e Isao Takahata), deixando liberdade ás novas promesas do estudio.

Sinopse O filme está ambientado na cidade de Kochi, na illa xaponesa de Shikoku. Conta a historia dun triángulo amoroso que se desenvolve entre dous bos amigos e unha rapaza nova que chega ó instituto dende Toquio.

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de Studio Ghibli