Gillian May Armstrong, nada en Melbourne o 18 de decembro de 1950 é unha directora australiana de longametraxes e documentais, especializada en dramas de época. Os seus filmes adoitan representar perspectivas e protagonistas femininas.
Traxectoria Nada en Melbourne, Gillian Armstrong creceu no suburbio de Mitcham. Graduouse no Swinburne Technical College en 1968, estudou deseño de vestiario para o teatro e realización de cinema. O 1972 entrou no Australian Film Television and Radio School. Tres anos despois dirixiu dúas curtametraxes, The Singer And The Dancer e Smokes and Lollies (1975).
A súa primeira longametraxe, My Brilliant Career (1979), adaptación da novela homónima de Miles Franklin, foi a primeira longametraxe australiana dirixida por unha muller en 46 anos. Armstrong recibiu seis premios do Australian Film Institute Awards, incluído o da mellor dirección. Despois do éxito do filme, que foi candidato ao Óscar ao mellor deseño de vestiario, dirixiu o pequeno musical australiano Starstruck (1981).Reichl, Ruth. "At Tea With: Gillian Armstrong; A Lucky Director's Daring Career."The New York Times. The New York Times. Web.
A partir de entón, Armstrong especializouse en dramas. O seu maior éxito en Hollywood obtívoo en 1994 coa adaptación de Little Women, protagonizada por Winona Ryder e Susan Sarandon, á que seguiron filmes como Oscar and Lucinda (1997) e Charlotte Gray (2001).
Temas e estilo Temas Armstrong deu voz ao seu desexo de alcanzar un público amplo nas súas entrevistas, incluíndo homes e mulleres de todas as nacionalidades. Porén, a súa obra diríxese continuamente ás políticas sexuais e as tensións familiares. Os seus filmes céntranse na fuxida e na loita cos roles tradicionais de xénero e a súa evolución e inconvenientes, como en One hundred a Day, My Brilliant Career, High Tide e Oscar and Lucinda."Gillian Armstrong: Women Filmmakers & Their Filmes." Gale Biography in Context . Gale Cengage Learning. Web. Ademais, moita xente definiuna como creadora de "mulleres fortes", aínda que insiste que simplemente realiza filmes sobre personaxes complexas e as escollas que estes fan.Higson, Rosalie."Gillian Armstrong: The Real Thing"The Australian: Arts The Australian. Web
Estilo Armstrong ten un estilo distintivo na súa obra que resiste categorizacións sinxelas. A maioría dos seus filmes non poden ser definidos simplemente como "filmes de mulleres". Os seus filmes descríbense como mestura de xéneros de xeito que recrean como algo amplamente diferente do que foron considerados. Non obstante, tamén poden considerarse filmes convencionais atractivos para o público. Posúen unha fotografía sensible e delicada, unha montaxe fluída, un sentido evocador para os decorados e o vestiario, e un compromiso co desenvolvemento de personaxes sólidas e a interpretación. Segundo a investigadora cinematográfica Gwendolyn Audrey Foster, Armstrong ten unha "forte inclinación feminista" e un "sentido do humor mordaz".Gwendolyn Audrey Foster, 1995, Greenwood Press, Westport (CT) e Londres, Women Film Directors: An International Bio-Critical Dictionary. Consultado o 15 de decembro de 2014, páxina 114
Vida persoal Armstrong está casada con John Pleffer, e teñen dúas fillas.
Filmografía Ano Título Tipo Notas 1970 Old Man and Dog Curtametraxe 1971 Roof Needs Mowing Curtametraxe 1973 Satdee Night Curtametraxe Tamén guionista 1973 One Hundred a Day Curtametraxe Tamén guionista 1973 Gretel Curtametraxe Tamén guionista 1975 The Singer and the Dancer Curtametraxe Tamén coguionista e produtora 1976 Smokes and Lollies Documental 1979 My Brilliant Career 1980 Touch Wood Documental 1980 Fourteen's Good, Eighteen's Better Documental Tamén produtora 1982 Starstruck 1983 Having a Go Documental 1984 Mrs. Soffel Participou no 35.º Festival Internacional de Cinema de Berlín. 1986 Hard to Handle Documental Concerto da xira True Confessions de Bob Dylan de 1986 con Tom Petty and the Heartbreakers. Emitido nun especial de HBO e estreado só en VHS. 1987 High Tide 1988 Bingo, Bridesmaids & Braces Documental 1991 Fires Within 1992 The Last Days of Chez Nous Participou no 42.º Festival Internacional de Cinema de Berlín. 1994 Little Women 1996 Not Fourteen Again Documental Tamén guionista e produtora 1997 Oscar and Lucinda 2001 Charlotte Gray 2006 Unfolding Florence: The Many Lives of Florence Broadhurst Documental 2007 O derradeiro gran mago 2009 Love, Lust & Lies 2015 Women He's Undressed Documental
Notas
Véxase tamén
Bibliografía The Story of Kerry, Josie and Diana – 14–47 at DVD Resurrections, by Wizard of Gore. [https://web.archive.org/web/20110122063804/http://www.dvdresurrections.com/reviews-dvd-love-lust-and-lies.html Love, Lust & Lies' at DVD Resurrections], by Wizard of Gore. "Gillian Armstrong Meets up with Old Friends The 7:30 Report, By Sexton, Mike. Vídeo Gillian Armstrong Video Compilation "Armstrong and Cox: if a Picture Paints a Thousand Words" Dual Interview Big Ideas
Ligazóns externas Gillian Armstrong in The Encyclopedia of Women and Leadership in the Twentieth Century'' Gillian Armstrong's Agent Senses of Cinema: Great Directors Critical Database Literature on Gillian Armstrong
Categoría:Nados en Melbourne Categoría:Nados en 1950 Categoría:Directores de cinema de Australia Categoría:Guionistas de Australia