Early Bird 1 ou Earlybird 1 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 24 de decembro de 1997 mediante un foguete Start 1 desde o Centro de lanzamento de Svobodniy, en Rusia.
Características Earlybird 1 era un satélite comercial de observación terrestre construído por CTA Space Systems, absorbida posteriormnete por Orbital Sciences Corporation, para Earthwatch Inc.. O seu fin era proporcionar imaxes de alta resolución da superficie terrestre para comercializalas. O satélite sería capaz de chegar a resolucións de 3 m por píxel en imaxes monocromáticas e de 15 m por píxel en imaxes en cor. O sensor de imaxe derivaba do usado anteriormente polo satélite Clark da NASA.
O satélite foi lanzado sen problemas, pero perdeuse contacto con el catro días despois da posta en órbita. Reentrou na atmosfera o 27 de xullo de 2000.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Satélites artificiais