Para ver o artigo sobre a muller canguesa do século XVI, véxase María Soliño
María Solinha é un filme galego de 2020 dirixido por Ignacio Vilar. Está ambientado en Cangas de Morrazo e noutros escenarios da ría de Vigo.
Sinopse O filme baséase na historia de María Soliño, unha muller que foi queimada polo tribunal inquisitorial acusada de practicar bruxería. No século XXI, a protagonista sofre os ecos da agresión que sufriu María Soliño no século XVI.
Estrea A súa estrea orixinal estaba prevista en Cangas de Morrazo o 14 de maio de 2020, mais por mor da pandemia por coronavirus, a estrea adiouse até o día 21 de xuño, nun autocine en Verín. A recadación da estrea no autocine foi destinada polo concello de Verín ás familias máis afectadas pola crise sanitaria da COVID-19.
A súa estrea nas salas de cinemas demorouse até novembro de 2021.
Produción Foi rodado en Cangas de Morrazo, Redondela, a illa de Toralla e na parroquia de San Martiño de Moaña.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Ignacio Vilar Categoría:Filmes de Vía Láctea Filmes