Paraguai presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez en 2015. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Paraguai para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2015(88ª) El tiempo nublado Castelán 2017(90ª) Los Buscadores Castelán e guaraní , Tana Schembori 2018(91ª) Las herederas Castelán 2020(93ª) Matar a un muerto Castelán e guaraní 2021(94ª) Apenas el Sol Castelán e ayoreo 2022(95ª) Eami Ayoreo 2023(96ª) Leal 2, Comando Yaguareté Castelán Armando Aquino e Mauricio Rial 2024(97ª) Los últimos Castelán e guaraní Sebastián Peña Escobar 2025(98ª) Bajo las banderas, el sol Castelán, guaraní, inglés, francés, alemán e portugués Juanjo Pereira

Notas

Categoría:Cinema de Paraguai Paraguai