Robert Norton Noyce, nado en Burlington (Iowa) o 12 de decembro de 1927 e finado en Austin (Texas) o 3 de xuño de 1990, foi un físico estadounidense. Alcumado "o alcalde de Silicon Valley", foi cofundador de Fairchild Semiconductor en 1957 e Intel en 1968. É recoñecido xunto con Jack Kilby como o inventor do circuíto integrado ou microchip, motor da revolución dos computadores persoais, e por dar o nome a Silicon Valley.Lécuyer, páx. 129 Noyce ideou métodos prácticos para producir circuítos integrados en masa e foi considerado un modelo para unha xeración de emprendedores.
Premios e legado En xullo de 1959 inscribiu a patente dun tipo de circuíto integrado. Por este traballo independente sobre o circuíto integrado, rexistrado uns meses máis tarde que os do seu primeiro inventor, Jack Kilby, e polo impacto que tiveron as súas aplicacións no mundo ambos recibiron o recoñecemento de tres presidentes dos Estados Unidos.
Ademais foi o destinatario doutros premios, como a Medalla Nacional de Tecnoloxía outorgada por Ronald Reagan en 1987, e o concedido pola Academia Nacional de Enxeñaría, entregado por George H. W. Bush en 1989. No bicentenario da lei de patentes, celebrado en 1990, recibiu a Medalla en recoñecemento á súa carreira, conxuntamente con Jack Kilby e John Bardeen entre outros.
Así mesmo recibiu a Medalla Stuart Ballantine do Instituto Franklin en 1966; a Medalla de Honor do Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos en 1978; a Medalla Nacional de Ciencias en 1979; foi elixido membro da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias en 1980; e a Academia Nacional de Enxeñaría outorgoulle o Premio Charles Stark Draper en 1989, un ano antes do seu falecemento.
A universidade onde estudou, Grinnell College, púxolle o seu nome ao edificio da facultade de ciencias.
Co motivo do aniversario 84 de Robert Noyce, Google deseñou un logotipo especial na hornra do cofundador de Intel.
No seu afán investigador, chegou a rexistrar ata quince patentes relacionadas co campo da electrónica e dos microprocesadores.
A súa familia creou a Fundación Noyce en 1991. Esta fundación dedícase a mellorar a educación pública en matemáticas e ciencias nos niveis de primaria e secundaria.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Berlin, Leslie The man behind the microchip: Robert Noyce and the invention of Silicon Valley Oxford University Press US, 2005 Burt, Daniel S. The chronology of American literature: America's literary achievements from the colonial era to modern times Houghton Mifflin Harcourt, 2004. Jones, Emma C. Brewster. The Brewster Genealogy, 1566-1907: a Record of the Descendants of William Brewster of the "Mayflower," ruling elder of the Pilgrim church which founded Plymouth Colony in 1620. Nova York: Grafton Press, 1908. Lécuyer, Christophe. Making Silicon Valley: Innovation and the Growth of High Tech, 1930-1970, MIT Press, 2006. Shurkin, Joel N.. Broken Genius: The Rise and Fall of William Shockley, Creator of the Electronic Age , Palgrave Macmillan, 2007 Tedlow, Richard S. Giants of enterprise: seven business innovators and the empires they built, Harper Collins, 2003 Gaylord, Mary M. Welles. Life and Labors of Rev. Reuben Gaylord Omaha: Rees Printing Company, 1889. Jones, Emma C. Brewster. The Brewster Genealogy, 1566-1907: a Record of the Descendants of William Brewster of the "Mayflower," ruling elder of the Pilgrim church which founded Plymouth Colony in 1620. Nova York: Grafton Press, 1908. Wolfe, Tom. Hooking Up Nova York. Macmillan, 2001. Wolfe, Tom. The Tinkerings of Robert Noyce, How the Sun Rose on the Silicon Valley, Esquire Magazine, decembro de 1983, pp. 346–374.
Ligazóns externas Noyce biography on PBS.org Noyce biography on IdeaFinder.com Noyce Foundation website Guide to the Robert Noyce Papers at Stanford University Obituary of Donald Noyce, brother of Robert Noyce. Obituary of Pro. Rev. Gaylord Brewster Noyce, brother of Robert Noyce.
Categoría:Nados en Burlington, Iowa Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América