La sombra del caminante é un filme colombiano de 2004 escrito e dirixido por Ciro Guerra. Está protagonizada por Lowin Allende, César Badillo e Julián Díaz. Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Mañe (César Badillo) é un home nunha difícil situación económica. Perdeu unha perna e está desempregado, non ten cartos para o alugueiro e é vítima de chacotas e abusos dos rapaces da súa comunidade. Mentres percorre as rúas na procura dunha fonte de ingresos, coñece un estraño home iletrado (Ignacio Prieto), que se dedica a cargar xente no lombo polo centro de Bogotá, cobrando 500 pesos. Pola maneira en que se poden axudar o un ó outro, ámbolos dous homes estabelecen unha amizade que fai a súa vida máis levadía e permítelles compartir os seus problemas persoais. Porén, os dous comparten un pasado violento produto do conflito armado. Este pasado úneos e sepáraos ó mesmo tempo, agás a esperanza dun novo comezo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes dirixidos por Ciro Guerra Categoría:Filmes ambientados en Colombia Categoría:Filmes rodados en Colombia