Feliz idade é un poemario da poeta galega Olga Novo. Foi publicado na colección Tambo, baixo o selo Faktoría K de libros da editora Kalandraka en 2019. O libro acadou o Premio da Crítica de poesía galega e o Premio Nacional de Poesía.

Características O libro une a xestación e a infancia da filla da poeta coa enfermidade do pai (alzhéimer) e o loito polo seu pasamento. Alén dunha carta limiar dirixida á filla, o libro componse das seguintes partes:

I. "Fogonazo" II. "Poesía en posición fetal" III. A Lúa su o negrillo" IV. "Zona tigre" V. "Da beleza indómita" VI. "Amor es" VII. "Harmonía fractal" Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Feliz idade no sitio web de Kalandraka.

Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 2019