Melissa Ann McCarthy, nada en Plainfield (Illinois) o 26 de agosto de 1970, é unha actriz, cómica, escritora, deseñadora de moda e produtora estadounidense.

Comezou a aparecer na televisión e no cinema a finais da década de 1990, e gañou recoñecemento polo seu papel como Sookie St. James na serie de televisión Gilmore Girls (2000–07). Entre 2007 e 2009, interpretou a Dena na telecomedia de ABC Samantha Who? antes de ser escollida como Molly Flynn na sitcom de CBS Mike & Molly (2010–16), papel que lle valeu un Emmy á mellor actriz nunha serie de comedia, así como outras dúas candidaturas nas temporadas seguintes. Tamén foi candidata en cinco ocasións (2012, 2013, 2014, 2016 e 2017) ao Emmy como actriz convidada de comedia polas súas aparicións como presentadora en Saturday Night Live, gañando o premio en 2017.

McCarthy logrou recoñecemento xeral e aclamación da crítica pola súa interpretación na comedia Bridesmaids (2011); por ese traballo recibiu candidaturas ao Óscar como mellor actriz secundaria, aos premio BAFTA e aos Premios do Sindicato de Actores. En 2013, coprotagonizou as comedias Identity Thief e The Heat. Apareceu en papeis secundarios, incluídos The Nines (2007), The Back-up Plan (2010), Así é a vida (2010), This Is 40 (2012) e Resacón 3 (2013). En 2014, McCarthy protagonizou a comedia Tammy e a comedia dramática St. Vincent. En 2015, encabezou a comedia de acción Spy, pola que recibiu unha candidatura ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical.

McCarthy e o seu esposo Ben Falcone fundaron On the Day, unha compañía de produción. En 2015, recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, lanzou a súa propia liña de roupa, Melissa McCarthy Seven7, e foi declarada a terceira actriz mellor pagada do mundo por Forbes. En 2016, Forbes nomeouna como a segunda actriz mellor pagada do mundo, con ganancias de 33 millóns de dólares.

Vida persoal McCarthy casou co seu mozo, Ben Falcone, actor e alumno de The Groundlings, o 8 de outubro de 2005. A parella ten dúas fillas, Vivian, nada en maio de 2007, e Georgette, nada en marzo de 2010. O primeiro embarazo de McCarthy foi incluído na última temporada de Gilmore Girls. Vivian e Georgette apareceron no filme de 2016 The Boss, en que a primeira interpretaba unha versión nova da personaxe da súa nai. Falcone e McCarthy expresaron o desexo de que as súas fillas se centrase na súa educación e procurasen unha carreira profesional na interpretación posteriormente.

Falcone fixo aparicións en filmes e series de televisión de McCarthy, como a terceira temporada de Gilmore Girls, The Nines, Bridesmaids, The Heat, Tammy, Identity Thief, Spy, The Boss, Life of the Party, The Happytime Murders e Can You Ever Forgive Me?.

Dende o principio de Mike & Molly, McCarthy perdeu aproximadamente uns 35 kg. Considera que a perda de peso se debeu a unha dieta alta en proteínas e baixa en carbohidratos, exercicio regular e unha "vida superaburrida" que inclúe ir á cama ás 7:30 p.m.

McCarthy é prima da actriz, modelo e presentadora Jenny McCarthy.

Filmografía Ano Filme PersonaxeNotas 1998 God Margaret Curtametraxe 1999 Go Sandra 2000 Charlie's Angels Doris 2000 Drowning Mona Shirley 2000 Auto Motives Tonnie Curtametraxe 2000 Disney's The Kid Sky King Waitress 2002 Pumpkin Cici Pinkus 2002 Marilyn 2002 White Oleander Paramedic 2003 Nico the Goth Girl 2003 Chicken Party Tot Wagner 2003 Charlie's Angels: Full Throttle Woman at Crime Scene Só acreditada 2007 Cook Off! Amber Strang 2007 Margaret/Melissa/Mary 2007 The Captain Fran Curtametraxe 2008 Just Add Water Selma 2008 Pretty Ugly People Becky 2010 Carol 2010 Así é a vida DeeDee 2011 Bridesmaids Megan Price 2012 This Is 40 Catherine 2013 Identity Thief Diana/Dawn Budgie 2013 Resacón 3 Cassy 2013 The Heat Detective Shannon Mullins 2014 Tammy Tammy Banks Tamén guionista e produtora 2014 St. Vincent Maggie Bronstein 2015 Spy Susan Cooper 2016 The Boss Michelle Darnell Tamén guionista e produtora 2016 Central Intelligence Darla McGuckian Cameo 2016 Ghostbusters Dr. Abigail "Abby" Yates 2018 Life of the Party Deanna Miles Tamén guionista e produtora 2018 The Happytime Murders Detective Connie Edwards Tamén produtora 2018 Can You Ever Forgive Me? Leonore "Lee" Israel 2019 The Kitchen Kathy Brennan 2020 Superintelligence Carol Peters Tamén produtora TBA The Starling Lilly Maynard TBA Thunder Force Tamén produtora

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Melissa McCarthy en Emmys.com

Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1970 Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios do sector téxtil