Santa Fe de Antioquia é un concello de Colombia que se atopa na subrexión Occidente de Antioquia, departamento do que foi capital até o 17 de abril de 1826. Limita polo norte cos concellos de Giraldo e Buriticá, polo nordeste cos concellos de Buriticá, Liborina e Olaya, polo leste cos concellos de Olaya e Sopetrán, polo sur cos concellos de Ebéjico, Anzá e Caicedo, e polo oeste cos concellos de Caicedo, Abriaquí e Giraldo.
Santa Fe é monumento nacional pola arquitectura da época colonial; posúe 7 igrexas e unha gran cantidade de casas dos séculos XVI, XVII e XVIII.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Antioquia