As bungarotoxinas son un grupo de proteínas neurotóxicas estreitamente relacionadas a maioría pertencentes á superfamilia das toxinas de tres dedos, que se encontran no veleno das serpes do xénero Bungarus, como por exemplo Bungarus fasciatus e Bungarus multicinctus. A α-bungarotoxina inhibe a unión da acetilcolina aos receptores de acetilcolina nicotínicos; as β- e γ-bungarotoxinas actúan presinapticamente causando unha liberación excesiva de acetilcolina e a súa conseguinte depleción. Foron caracterizadas as formas α e β, e a α é similar ás neurotoxinas longas ou tipo II doutros velenos de serpes elápidas.

Hai catro tipos de bungarotoxinas:

α-Bungarotoxina β-Bungarotoxina (que non é unha toxina de tres dedos) γ-Bungarotoxina () k-Bungarotoxina

Historia O veleno das serpes Bungarus empezaron a estudalo Chuan-Chiung Chang e Chen-Yuan Lee da Universidade Nacional de Taiwán na década de 1950; pero ata 1963 non se separaron e illaron os seus compoñentes.

Notas

Categoría:Toxinas Categoría:Neurotoxinas