Pelle Erobreren (en ) é un filme dinamarqués-sueco de 1987 co-escrito e dirixido por Bille August. Baséase na novela homónima de 1910 escrita polo dinamarqués Martin Andersen Nexø. Conta a historia de dous inmigrantes suecos en Dinamarca, un pai e un fillo, que tentan construír unha nova vida por si mesmos. Está protagonizado por Pelle Hvenegaard no papel do Pelle neno, con Max von Sydow como o seu pai, xunto con Axel Strøbye e Astrid Villaume nos papeis secundarios.
Unha coprodución entre Dinamarca e Suecia, August escolleu adaptar Boyhood, a primeira parte da novela de Nexø, procurando facelo como un filme épico. Con 11 anos, Hvenegaard foi escollido nunha audición de máis de 3 000 nenos; Hvenegaard recibiu o nome do personaxe epónimo.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1988 e no Festival de Cinema de Nova York. Foi aclamado pola crítica, gañando a Palma de Ouro e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa de 1988, entre outros galardóns.
Personaxes Max von Sydow como Lassefar "Lasse" Karlsson Pelle Hvenegaard como Pelle Karlsson Erik Paaske como Foreman Björn Granath como Erik Astrid Villaume como Mrs. Kongstrup Axel Strøbye como Kongstrup Troels Asmussen como Rud Kristina Törnqvist como Anna Karen Wegener como Mrs. Olsen Sofie Gråbøl como Miss Sine Lars Simonsen como Niels Køller Buster Larsen como Ole Køller John Wittig como mestre da escola Troels Munk como doutor Nis Bank-Mikkelsen como Clergyman Lena Pia Bernhardsson como The Sow Anna Lise Hirsch Bjerrum como Karna Thure Lindhardt como Nilen
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 61ª edición dos Óscar
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua sueca Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes dirixidos por Bille August Categoría:Filmes rodados en Dinamarca Categoría:Filmes ambientados en Dinamarca Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Óscar ó mellor filme internacional