Teenage Cool Kids foi unha banda estadounidense de indie rock procedente de Denton, Texas. A banda fundouna no verán de 2006 Andrew Savage, ao que despois se lle uniu Daniel Zeigler, ao que Savage coñeceu mentres asistía á Universidade de North Texas en Denton. O primeiro material do grupo, da demo autoeditada e do 7 polgadas "Remember Me as a Silhouette", era lo-fi, popeiro e comparouse co indie rock de principios dos 90. O primeiro álbum da banda foi Queer Salutations, publicado no ano 2007. Pouco despois do lanzamento o grupo comezou a súa primeira xira.
Teenage Cool Kids pasou gran parte do ano 2008 xirando polos Estados Unidos e gravando o seu seguinte álbum. En 2009 o dúo de hip hop de Chicago The Cool Kids esixíulles que cambiasen o seu nome por unha suposta infracción de marca. A disputa rematou cun acordo iniciado por The Cool Kids. Este feito atrasou o lanzamento do seu segundo álbum varios meses, pero en xuño de 2009 Foreign Lands foi editado a través do selo Protagonist Music. O seu derradeiro álbum ata a data, Dentom After Sunset, foi publicado no ano 2011.
A banda sugue a filosifía do "faino ti mesmo", realizando todas as composicións, gravacións, e a creación dos libretos e a arte visual eles mesmos.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloQueer Salutations2007ProtagonistForeign Lands2009ProtagonistDenton After Sunset2011Dull Tools
Notas
Categoría:Grupos musicais de Texas Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais formados en 2006