Jamie Lee Haden-Guest, Lady Haden-Guest (de solteira Curtis), nada en Santa Monica (California) o 22 de novembro de 1958, é unha actriz, escritora e activista estadounidense. Curtis é a filla de Janet Leigh e Tony Curtis e está casada con Christopher Guest.
Traxectoria Primeiros anos Curtis naceu en Santa Monica, California, filla do actor Tony Curtis e da actriz Janet Leigh. O seu pai era xudeu, fillo de emigrantes húngaros. Dous dos seus bisavós maternos eran dinamarqueses, mentres que o resto dos ascentros da súa nai eran alemáns e escoceses-irlandeses.There/Hollywood, páxina 6, 1985, por Janet Leigh Curtis ten unha irmá máis vella, Kelly Curtis, tamén actriz, e varios medios irmáns por vía paterna: Alexandra, a actriz Allegra Curtis, Benjamin e Nicholas Curtis (que faleceu en 1994 por mor dunha sobredose)."Family for Tony Curtis" Turner Entertainment Networks, Inc. Consultado o 29 de agosto de 2015. Os pais de Curtis divorciáronse en 1962 e tralo divorcio, Curtis afirmou que o seu pai non estaba arredor e que "non estaba interesado en ser un pai".
Curtis asistiu á Westlake School nos Ánxeles e ao Beverly Hills High School, e graduouse por Choate Rosemary Hall. De volta a California en 1976, asistiu á mesma universidade que a súa nai, a Universidade do Pacífico en Stockton, California, para estudar dereito, mais deixouno despois dun semestre para procurar unha carreira como actriz.
Carreira miniatura|150px| Curtis nos premios Emmy (1999) O debut de Curtis no cinema tivo lugar no filme de terror de 1978 Halloween, en que interpretaba a Laurie Strode. O filme foi un grande éxito e foi considerado o filme independente de maior recadación do seu tempo. Curtis foi a partir de aí contratada para varios filmes de terror, recibindo o título de "raíña do berro".
O seu seguinte filme foi The Fog, tamén do director de Halloween, John Carpenter. Estreouse en febreiro de 1980 con críticas variadas, pero con éxito de público. Tras este participou en Prom Night, slasher canadense de baixo orzamento estreado en xullo de 1980. O filme, que lle valeu a Curtis unha candidatura aos premios Genie á mellor actriz estranxeira, recibiu críticas negativas. Ese mesmo ano, Curtis protagonizou tamén Terror Train, estreado en outubro tamén con críticas negativas. Ambos os filmes tiveron certo éxito de público.
Curtis interpretaba nos dous filmes unha personaxe similar: a protagonista, cuxos amigos eran asasinados e era practicamente a única que sobrevivía. O crítico Roger Ebert, que deu malas críticas aos tres filmes de Curtis de 1980, dixo que Curtis "é o exceso actual de filmes de terror o que Christopher Lee era no último ou Boris Karloff nos anos trinta". Curtis volveu á serie Halloween cinco veces, interpretando de novo a Laurie Strode nas secuelas Halloween II (1981), Halloween H20: 20 Years Later (1998), Halloween: Resurrection (2002) e Halloween (2018), e poñendo voz sen acreditar en Halloween III: Season of the Witch (1982).
O seu papel de 1983 en Trading Places axudou a Curtis cambiar a súa imaxe como raíña do terror e valeulle un premio da BAFTA como mellor actriz secundaria. En 1988, Un peixe chamado Wanda revelouna como unha grande actriz cómica e foi candidata ao BAFTA á mellor actriz. Gañou un Globo de Ouro polo seu papel en True Lies (1994). Outro papel foi no filme da Disney Freaky Friday (2003), con Lindsay Lohan, filmado en Palisades High School en Pacific Palisades, California, preto da residencia de Curtis e pola que foi candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia."Complete list of nominees for 61st Annual Golden Globe Awards". (Associated Press). USA Today, 18 de decembro de 2003.
En outubro de 2006, Curtis contou a Access Hollywood que pechara a súa etapa como actriz para centrarse na súa familia. Volveu actuar en xuño de 2007 no filme Beverly Hills Chihuahua. Tamén protagonizou a comedia de 2010 You Again, con Kristen Bell e Sigourney Weaver.
Libros infantís Xunto coa ilustradora Laura Cornell, Curtis escribiu varios libros infantís, todos publicados por HarperCollins Children's Books.Children's Books . Harper Collins. When I Was Little: A Four-Year Old's Memoir of Her Youth, 1993. Tell Me Again About The Night I was Born, 1996. Today I Feel Silly, and Other Moods That Make My Day, 1998, que apareceu na listaxe de best-sellers de The New York Times durante dez semanas. Where Do Balloons Go?: An Uplifting Mystery, 2000. I'm Gonna Like Me: Letting Off a Little Self-Esteem, 2002. It's Hard to Be Five: Learning How to Work My Control Panel, 2004. Is There Really a Human Race?, 2006. Big Words for Little People, , 2008. My Friend Jay, 2009, edición única presentada a Jay Leno My Mommy Hung the Moon: A Love Story, 2010. My Brave Year of Firsts, 2016. This Is Me: A Story of Who We Are and Where We Came From, 2016. Me, Myselfie & I: A Cautionary Tale, 2018.
Vida privada Curtis casou con Christopher Guest o 18 de decembro de 1984. Viu unha imaxe del do filme This Is Spinal Tap en Rolling Stone e dixo á súa amiga Debra Hill, "Oh, vou casar con este tío", casando realmente cinco meses despois. A parella ten dous fillos adoptados, Annie (nda en 1986, e Thomas, nado en 1996. Curtis é a madriña do actor Jake Gyllenhaal.
Cando o seu sogro faleceu o 8 de abril de 1996, o seu marido converteuse no 5.º barón Haden-Guest, converténdoa en baronesa co título The Right Honourable The Lady Haden-Guest. Curtis rexeita a idea de empregar este título dicindo que "non ten nada que ver comigo".
Curtis é unha alcohólica recuperada e foi adicta aos calmantes que comezou a empregar tras un procedemento cirúrxico cosmético rutineiro. Está sobre dos opiáceos dende 1999 logo de ler un artigo de Tom Chiarella sobre a adicción, e mantén que a súa recuperación é o maior logro da súa vida.
Trala morte do seu pai Tony Curtis descubriu que toda a súa familia, incluídos os seus irmáns foran suprimidos do testamento.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1978 Halloween Laurie Strode 1980 The Fog Elizabeth Solley 1980 Prom Night Kim Hammond 1980 Terror Train Alana Maxwell 1981 Roadgames Pamela "Hitch" Rushworth 1981 Halloween II Laurie Strode 1982 Halloween III: Season of the Witch Telephone Operator Voz, sen acreditar 1982 Coming Soon Narradora Documental 1983 Trading Places Ophelia 1984 Love Letters Anna Winter 1984 Grandview, U.S.A. Michelle "Mike" Cody 1984 The Adventures of Buckaroo Banzai Across the 8th Dimension Sandra Banzai Na versión estendida 1985 Perfect Jessie Wilson 1987 A Man in Love Susan Elliot 1987 Amazing Grace and Chuck Lynn Taylor 1988 Dominick and Eugene Jennifer Reston 1988 Un peixe chamado Wanda Wanda Gershwitz 1990 Aceiro azul Megan Turner 1991 Queens Logic Grace 1991 My Girl Shelly DeVoto 1992 Forever Young Claire Cooper 1993 Mother's Boys Judith "Jude" Madigan 1994 My Girl 2 Shelly DeVoto Sultenfuss 1994 True Lies Helen Tasker 1996 House Arrest Janet Beindorf 1997 Fierce Creatures Willa Weston 1998 Homegrown Sierra Kahan 1998 Halloween H20: 20 Years Later Laurie Strode / Keri Tate 1999 Virus Kelly Foster 2000 Drowning Mona Rona Mace 2001 The Tailor of Panama Louisa Pendel 2001 Daddy and Them Elaine Bowen 2001 Rudolph the Red-Nosed Reindeer and the Island of Misfit Toys Queen Camilla Voz 2002 Halloween: Resurrection Laurie Strode 2003 Freaky Friday Tess Coleman / Anna Coleman 2004 Christmas with the Kranks Nora Krank 2005 The Kid & I Ela mesma 2008 Beverly Hills Chihuahua Vivian Ashe 2010 You Again Gail Byer Olsen 2011 The Little Engine That Could Beverly "Bev" Voz 2012 Kokuriko-zaka Kara Ryoko Matsuzaki Voz, dobraxe en inglés 2014 Veronica Mars Gayle Buckley 2015 Spare Parts Principal Karen Lowry 2018 Halloween Laurie Strode 2018 An Acceptable Loss Rachel Burke 2019 Knives Out Linda Drysdale-Thrombrey 2020 ''Halloween Kills Laurie Strode
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Libros de Jamie Lee Curtis e Laura Cornell
Categoría:Nados en Santa Monica Categoría:Nados en 1958 Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de literatura infantil dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia dinamarquesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia húngara Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía