Vivian Dorothy Maier, nada en Nova York o 1 de febreiro de 1926 e finada en Oak Park (Illinois) o 21 de abril de 2009, foi unha fotógrafa de rúa estadounidense. Maier traballou durante uns corenta anos coidando nenos, sobre todo en North Shore (Chicago), ralizando fotografías durante o seu tempo de lecer. Tomou máis de 150 000 fotografías durante a súa vida, especialmente da xente e da arquitectura de Chicago, Nova York e Os Ánxeles, aínda que tamén viaxou e tirou fotografías por todo o mundo.
Durante a súa vida, as fotografías de Maier foron descoñecidas e non se publicaron; moitos dos seus negativos nunca foron impresos. Un coleccionista de Chicago, John Maloof, adquiriu algunhas das fotos de Maier en 2007, mentres outros dous coleccionistas, Ron Slattery e Randy Prow, tamén atoparon algunhas copias e negativos de Maier nas súas caixas e maletas nesa época. As fotografías foron publicadas por primeira vez en Internet en xullo de 2008, por Slattery, mais a obra recibiu pouca atención.Slattery, Ron. (xullo de 2008) "Story ", in Big Happy Fun House. Consultado o 11 de xaneiro de 2011. En outubro de 2009, Maloof ligou o seu blog a unha selección de fotos de Maier na web Flickr, e converteuse nun fenómeno viral, con miles de persoas demostrando interese. A obra de Maier atraeu a atención da crítica,"Vivian Maier", Chicago Tonight, emitido por WTTW, 22 de decembro de 2010. Consultado o 4 de xaneiro de 2011 e dende entón, as imaxes foron expostas en todo o mundo.
A vida e obra de Maier foi o tema de libros e documentais, incluído o filme Finding Vivian Maier (2013), que se estreou no Festival Internacional de Cinema de Toronto, e recibiu unha candidatura ao premio ao mellor documental na 87ª edición dos Óscar.
Traxectoria Moitos detalles da vida de Maier son descoñecidos. Naceu en Nova York en 1926, filla de nai francesa, Maria Jaussaud Justin, e de pai austríaco, Charles Maier (tamén coñecido como Wilhelm). Varias veces durante a súa infancia mudouse entre os Estados Unidos e Francia, vivindo coa súa nai na aldea alpina de Saint-Bonnet-en-Champsaur preto dos seus parentes maternos. O pai parece que deixou a familia temporalmente por razóns descoñecidas contra 1930. No censo de 1930, a cabeza da casa aparece como Jeanne Bertrand, fotógrafa de éxito que coñeceu a Gertrude Vanderbilt Whitney, fundadora do Whitney Museum of American Art.O'Donnell, Nora (14 de decembro de 2010). "The Life and Work of Street Photographer Vivian Maier", Chicago Magazine. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. Cando Maier tiña catro anos, ela e a súa nai mudáronse ao Bronx con Bertrand, que nesa época era fotógrafa profesional.
En 1951, con 25 anos e sen a súa nai, mudouse a Nova York e comezou a traballar como neneira, labor que continuou profesionalmente durante o resto da súa vida. O ano seguinte adquiriu a súa cámara Rolleiflex.About Vivian Maier: Biografía de Vivian Maier na súa páxina web oficial Consultado o 4 de maio de 2019.
En 1956 trasladouse a Chicago, a unha área próxima ao Rogers Park.Unfolding the Vivian Maier mystery...", in Vivian Maier - her discovered work, John Maloof's blog for October 22, 2009. Consultado o 14 de novembro de 2009. Alí, a familia para a que traballaba permitiulle ter un pequeno baño xunto ao seu cuarto, que Maier comezou a empregar como cuarto escuro para revelar algunhas das súas fotografías. Non obstante, segundo os nenos medraban e tiña que cambiar de familia, víase obrigada a deixar sen revelar carretes que se ían acumulando. Nesa época comezou a tirar fotografías en cor usando carretes Kodak e distintos tipos de cámaras réflex. Xunto a iso, a temática das fotografías de Maier foi cambiando para centrarse en graffiti e obxectos abandonados en lugar de nas ocupacións diarias da xente.
En 1959 e 1960, Maier realizou unha viaxe arredor do mundo pola súa conta, fotografando Os Ánxeles, Manila, Bangkok, Shanghai, Beijing, India, Siria, Exipto e Italia.Cahan, Vivien Maier: Out of the Shadows, 2012, pp. 40–41 A viaxe probablemente foi financiada pola venda da granxa familiar de Saint-Julien-en-Champsaur. Por un breve período na década de 1970, Maier traballou como ama de chaves do presentador Phil Donahue.
Na década de 1980, Maier tivo que enfrontarse coa inestabilidade no seu traballo, véndose obrigada a cambiar cada pouco tempo de familia. A finais da década de 1990 ou principios dos 2000 tivo que gardar e almacenar a súa cámara e as súas pertenzas mentres intentaba sobrevivir. En situación precaria, logrou traballar cunha familia que lle permitiu manter durante algún tempo un pequeno estudio."Little miss big shot", The Independent, 1 de novembro de 2009. A pesar diso, viuse novamente nunha mala situación económica, o que a obrigou a vender as súas fotos, que foron levadas a poxa xunto con outros obxectos e finalmente adquiridas por John Maloof.
Legado No curso 2014-2015 estableceuse na Escola de Arte do Instituto de Chicago a Fondo para Bolsas Vivian Maier Scholarship para proporcionar oportunidades a alumnas con necesidades financeiras. A bolsa obtívose mediante doazóns de Maloof, Siskel e Howard Greenberg, propietario da Howard Greenberg Gallery que exhibe e vende a súa obra. Maloof empregou os cartos que recibiu das vendas das fotografías e do seu filme Finding Vivian Maier para axudar a crear a bolsa coa intención de que fose permanente e anual. Sen proceso de solicitudes, o diñeiro é outorgado a estudantes sen basearse no grao, ano ou medio no que traballan, permitindo liberdade artística ás receptoras, das que non se publicou o nome.
Arquivos En 2017, a biblioteca da Universidade de Chicago anunciou que Maloof doara unha colección de imaxes de Maier.Chicago Tribune
Notas
Véxase tamén Bibliografía Libros de fotografías Vivian Maier: Street Photographer. Brooklyn, NY: powerHouse, 2011. . Edited by John Maloof. With an introduction by Maloof and a foreword by Geoff Dyer. Vivian Maier: Out of the Shadows. Chicago, IL: CityFiles, 2012. . Edited by Richard Cahan and Michael Williams. Vivian Maier: Self-Portraits. Brooklyn, NY: powerHouse, 2013. . Edited by Maloof. Eye to Eye: Photographs by Vivian Maier. Chicago, IL: CityFiles, 2014. . Edited and with text by Richard Cahan and Michael Williams. Vivian Maier: A Photographer Found. Londres: Harper Design, 2014. . Edited by Maloof with text by Marvin Heiferman and Howard Greenberg. The Color Work. Nova York: Harper Design, 2014. . With a foreword by Joel Meyerowitz and text by Colin Westerbeck. Libros sobre Maier Vivian Maier: a Photographer's Life and Afterlife. Chicago: University of Chicago, 2017. By Pamela Bannos. . Vivian Maier Developed: The Real Story of the Photographer Nanny. Brooklyn, NY: powerHouse, 2018. By Ann Marks. . Vivian Maier und der gespiegelte Blick: Fotografische Positionen zu Frauenbildern im Selbstporträt. Bielefeld, transcript, 2019. By Nadja Köffler. . Ligazóns externas John Maloof Collection website on Vivian Maier Finding Vivian Maier – An Interview with Producer, Co-Director Charlie Siskel by Stephen Slaughter Head, PostMovie.net, 2014 "Vivian Maier: The Unheralded Street Photographer" by David Zax, Smithsonian magazine, 2011
Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia austríaca