A antitoxina diftérica é un medicamento constituído por anticorpos usado no tratamento da difteria. Xa non se recomenda para a prevención da difteria. Adminístrase por vía intravenosa ou intramuscular.

Efectos secundarios e mecanismo Os efectos secundarios deste medicamento son comúns. Entre eles están a enfermidade do soro e as reaccións alérxicas incluída a anafilaxe. A antitoxina diftérica obtense do plasma sanguíneo de cabalos que foron previamente inmunizados contra a toxina diftérica. Funciona neutralizando as toxinas producidas pola bacteria Corynebacterium diphtheriae, causante da difteria.

Historia e cultura A antitoxina diftérica foi desenvolvida e empezou a utilizarse medicamente a finais do século XIX. É unha das medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde, entre as que se inclúen as medicinas máis efectivas e seguras necesarias para un sistema sanitario básico. Nos Estados Unidos pode obterse dos Centros de Control e Prevención de Enfermidades (CDC), pero en moitos outros países non está dispoñible, incluíndo moitos en Europa en 2008.

Química É unha solución de proteínas concentradas, principalmente globulinas, que contén anticorpos obtidos do sangue de cabalos que foron inmunizados contra a toxina diftérica.

Notas

Categoría:Fármacos