Richard Dembo, nado en París o 24 de maio de 1948, e finado ibídem o 11 de novembro de 2004, foi un director de cinema e guioinsta francés.
Traxectoria Dembo acadou recoñecemento internacional co seu primeiro filme La Diagonale du fou. Polo seu traballo nesta obra, Dembo obtivo o Óscar en 1984 ó mellor filme en lingua non inglesa, así como numerosos premios máis (César, Prix Louis Delluc). Michel Piccoli protagonizou o filme como cidadán xudeu da URSS.
En 1993, Dembo dirixiu L'Instinct de l'ange con Hélène Vincent, Jean-Louis Trintignant, François Cluzet e Lambert Wilson. Despois dunha longa pausa, Dembo dirixiu o seu derradeiro filme, La Maison de Nina.
O 11 de novembro de 2004, Dembo morreu inesperadamente en París por mor dos síntomas dunha obstrución intestinal. Foi enterrado en Israel.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en París Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Finados en 2004