Pájaros de verano é un filme de 2018 dirixido por Ciro Guerra e Cristina Gallego. É un filme colombiano en coprodución con Dinamarca, México, Alemaña, Suíza e Francia. O filme, ambientado entre as décadas de 1960 e 1980, narra o ascenso e a caída dunha familia wayuu produto da bonanza marimbera.
Foi escollido para inaugurar a 50ª edición da sección Directors' Fortnight no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2018. Foi escollido como candidato de Colombia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios, chegando a clasificarse na lista curta de decembro. Pájaros de verano recibiu o premio ó mellor filme no Festival de Biarritz Amérique Latine en 2018, premio que outorga sete mil euros para distribuír o filme en Francia.“Pájaros de verano” número uno en Festival de Cine Biarritz Caracol Radio. Consultado o 30 de setembro de 2018.
Sinopse O filme conta o alzamento e a caída dunha familia wayuu durante os inicios do narcotráfico en Colombia. Abrangue dende finais da década de 1960 e a de 1970 e está dividido en cinco capítulos ("cantos"): "Hierba salvaje 1968", "Las tumbas 1971", "La bonanza 1979", "La guerra 1980" e "El limbo".
Personaxes Carmiña Martínez como Úrsula Natalia Reyes como Zaida José Acosta como Rapayet Jhon Narváez como Moisés Jose Vicente Cotes como Peregrino, tío de Rapayet Juan Bautista como Aníbal Greider Meza como Leonidas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua wayuu Categoría:Filmes en lingua wiwa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Ciro Guerra