José Girón Bazán, nado en Barrios de Salas (O Bierzo) en 1909 e finado en Francia en 1959, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria De familia campesiña. Loitou na guerra civil na fronte de Asturias, onde perdeu un ollo por unha esquirla de bala en setembro de 1937. Foi evacuado a Cataluña. En xaneiro de 1939 logrou pasar a Francia. No distrito de Deux-Sèvres entrou en contacto co último alcalde republicano de Barrios de Salas. Empiezou a traballar nas minas de carbón, pero cando en 1940 Francia firmou o armisticio coa Alemaña nazi, a súa zona de residencia quedou baixo o control dos alemáns. A súa muller e a filla de tres meses foron deportadas a España. José foi conducido a Angulema e deportado no Convoi dos 927, enganado en dirección ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen. Con identidade falsa logrou saír vivo despois de sete meses no campo. Reencontrouse coa súa muller en Francia, coa que tivo outra filla e un varón. Morreu de silicose en 1959.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Un libro revela la deportación de José Girón a Mauthausen

Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1959