The End of Radio é un álbum ao vivo da banda estadounidense de post-hardcore Shellac, publicado o 14 de xuño de 2019 a través do selo Touch and Go Records. As cancións do disco proceden de dúas Peel Sessions inéditas na BBC Radio, unha o 14 de xullo de 1994 e a outra o 1 de decembro de 2004. As sesións graváronse nos históricos BBC Maida Vale Studios.

The End of Radio foi editado como un disco dobre, con cada sesión nun deles. A primeira sesión gravouse no Maida Vale Studio 3 e emitiuse no programa John Peel Radio One Show o 22 de xuño de 1994, e a segunda gravouse no Maida Vale Studio 4 e saíu ao aire ao día seguinte, o 2 de decembro de 2004, no programa John Peel Show.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums en directo Categoría:Álbums de Shellac Categoría:Álbums musicais de 2019 Categoría:Álbums de Touch and Go Records