Frankenchrist é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Dead Kennedys, publicado en outubro de 1985 a través do selo Alternative Tentacles.

O álbum é un exemplo da cara psicodélica e progresiva da personalidade musical dos Dead Kennedys. Tamén poden observarse as influencias das bandas sonoras de películas de spaghetti western e o traballo atmosférico de guitarra de East Bay Ray. Frankenchrist destaca pola súa relativa falta de material hardcore "tradicional". A meirande parte das cancións do disco son máis lentas e longas que o resto dos temas do grupo. "M.T.V. - Get off the Air" destaca pola súa aguda crítica á industria da música e "Stars and Stripes of Corruption" pola súa exexese das filosofías políticas do vocalista Jello Biafra.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Dead Kennedys Categoría:Álbums musicais de 1985 Categoría:Álbums de Alternative Tentacles