Este artigo trata sobre a estrela situada na constelación de Ofiúco. Para a escritora e poetisa galega, ver Rosalía de Castro.
Rosalíadecastro, anteriormente identificada como HD 149143, é unha estrela localizada en constelación de Ophiuchus que ten un clasificación estelar de G0 e que se atopa a unha distancia de 240 anos luz da Terra. A súa magnitude aparente é 7,9 (un obxecto binocular) e a magnitude absoluta é 3,9 miniatura|Impresión artística do planeta Riosar orbitando Rosalíadecastro. A estrela foi bautizada como "Rosalíadecastro" como parte do proxecto internacional NameExoWorlds, impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU). A estrela e o seu planeta foron asignados a España para a escolla do nome.http://www.nameexoworlds.iau.org/get-involved IAU100 NameExoWorlds: Get Involvedhttp://www.nameexoworlds.iau.org/spain IAU100 NameExoWorlds: Spain O nome de Rosalía de Castro foi proposto pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO e foi elixido a través dunha votación en liña, conseguindo 13 413 votos en todo o país, ou máis dun 39% do total. O seu planeta, HD 149143 b, foi bautizado como "Riosar" (en referencia ao río Sar).
Sistema planetario Riosar ou HD 149143 b, foi descuberto polo N2K Consortium, durante a súa busca de planetas xigantes gasosos arredor de estrelas ricas en metais. O planeta foi descuberto de maneira independente por Elodie na busca sesgada da metalicidade dos Xúpiter quentes en tránsito.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "A estrela de Rosalía emerxe no seu aniversario: así podes vela" GCiencia, 3/2/2020.
Categoría:Sistemas planetarios Categoría:Constelación de Ophiuchus Categoría:Estrelas na secuencia principal tipo-G Categoría:Rosalía de Castro