Sailing the Seas of Cheese é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de metal alternativo Primus, publicado o 14 de maio de 1991 a través do selo Interscope Records. Do disco editáronse tres sinxelos: "Jerry Was a Race Car Driver", "Tommy the Cat", e "Those Damned Blue-Collar Tweekers". "Jerry Was a Race Car Driver" aparece nos videoxogos ATV Offroad Fury, Tony Hawk's Pro Skater, Rock Band 3, e como contido descargable para Rocksmith 2014, mentres que "American Life" aparece en Tony Hawk's Project 8, e tamén na primeira tempada da serie True Detective.

Musicalmente, Sailing the Seas of Cheese foi descrito como un álbum de funk metal e metal alternativo. Do mesmo xeito que no seu predecesor, Frizzle Fry, o guitarrista fundador Todd Huth recibiu créditos de composición nas cancións "Tommy the Cat" e "Sgt. Baker".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Primus Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums de Interscope Records