Pablo Nogueira Campo, nado no Carballiño o 22 de abril de 1987, é un mestre, músico e escritor galego.

Traxectoria Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, Psicopedagoxía e Mestrado en investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario. Exerce de mestre de Audición e Linguaxe no colexio de Cea.

É baixista na banda rock Susie Q´s e na instrumental Acuario Sonoro. A súa faceta literaria chega coa publicación de dous títulos infantís para a estimulación da linguaxe oral en galego.

Obra Nube branca quere ser astronauta (2018). Baía Edicións. A banda de Raimunda ( 2019). Baía Edicións. Banda Sonora Orixinal (2019). Edicións Fervenza. 104 páxs. Western con ambientación britpop. Música para os días de inverno (2020). Laiovento. 118 páxs. Nube Branca e o pingüín Valentín (2020). Baía. 24 páxs. Ilustracións de Manuel Uhía. Nube Branca no Camiño (2021). Baía. 44 páxs. ISBN 978-84-9995-364-9. Ilustracións de Manuel Uhía. Ringo. Memorias dun coello fedello (2023). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de David Pintor. 120 páxs. ISBN 978-84-1110-383-1. ePub: ISBN 978-84-1110-394-7. A meiga roubasoños (2924). Baía Ed. Ilustracións de Manuel Uhía. 28 páxs. ISBN 978-84-9995-454-7.

Premios 2018: IV Concurso Balbino de Relatos por Banda Sonora Orixinal. 2022: Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade por Ringo. Memorias dun coello fedello. 2023: Premio Arume de poesía para a infancia por «Versos (a)variados» 2023: Premio de Relato Curto Alumni USC por «Mar de lembranzas»

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información Culturgal

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1987 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de Galicia