miniatura|240px|Gallotia stehlini. Gallotia é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos galotiinos, da que é o seu xénero tipo.
Comprende oito especies endémicas das illas Canarias.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1916 polo biólogo belga, nacionalizado británico, George Albert Boulenger, na súa obra "On the lizards allied to Lacerta muralis with an account of Lacerta agilis and L. parva". Transactions of the Zoological Society of London 21 (1): 1–104. (Texto completo).
Etimoloxía O nome científico Gallotia foi unha homenaxe que Boulenger lle fixo ao seu compatriota D. Gallot, naturalista afeccionado residente nas illas Canarias e que mandou en 1839 espécimes de lacértidos ao Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París.Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Gallot, p. 97).
Clasificación Actualmente recoñécense no xénero as seguintes oito especies:Gallotis en The reptile Database.Maca-Meyer, N.; Carranza, S.; Rando, J. C.; Arnold, E. N. & Cabrera, V. M. (2003): "Status and relationships of the extinct giant Canary Island lizard Gallotia goliath (Reptilia: Lacertidae), assessed using ancient mtDNA from its mummified remains". Biol. J. Linn. Soc. 80 (4): 659–670.
Gallotia atlantica (Peters & Doria, 1882) Gallotia auaritae García-Márquez, López-Jurado & Barahona, 2001 (Críase extinta).Encuentran en La Palma una especie de lagarto gigante que se creía extinguida, El País, 19 de decembro de 2007. Gallotia bravoana Hutterer, 1985 Gallotia caesaris (Lehs, 1914) Gallotia galloti (Oudart, 1839) Gallotia intermedia Hernández, Nogales & Martín, 2000 Gallotia simonyi (Steindachner, 1889) Gallotia stehlini (Schenkel, 1901)
Ademais, coñécese outra subfósil: †Gallotia goliath Mertens, 1942
Distribución e estado de conservación El Hierro La Palma La Gomera Tenerife Gran Canaria Fuerteventura Lanzarote Pequenas G. caesaris G. galloti G. caesaris G. galloti G. atlantica G. atlantica G. atlantica Grandes G. intermedia Xigantes G. simonyi G. auaritae G. bravoana G. goliath G. stehlini G. stehlini
Nota: Perigo baixo = azul. Perigo crítico = morado. Extinta = vermello. Introducida = gris.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Barahona, F.; Evans, S. E.; Mateo, J. A.; García-Márquez, M. & López-Jurado, L. F. (2000): "Endemism, gigantism and extinction in island lizards: the genus Gallotia on the Canary Islands". Journal of Zoology 250 (3): 373-388. Cox, S. C.; Carranza S. & Brown R. P. (2010): "Divergence times and colonization of the Canary Islands by Gallotia lizards". Molecular Phylogenetics & Evolution 56: 747-757. Filson, R. P. (2000): Island Biogeography and Evolution: Solving a Phylogenetic Puzzle Using Molecular Genetics. Consultada o 28 de novembro de 2019. Maca-Meyer, N.; Carranza, S.; Rando, J. C.; Arnold, E. N. & Cabrera, V. M. (2003): "Status and relationships of the extinct giant Canary Island lizard Gallotia goliath (Reptilia: Lacertidae), assessed using ancient mtDNA from its mummified remains". Biological Journal of the Linnean Society 80 (4): 659–670. (A entrada nesta base de datos inclúe un mapa da árae de distribución e unha breve xustificación de por que esta especie figura en perigo crítico). (A entrada nesta base de datos inclúe un mapa da árae de distribución e unha breve xustificación de por que esta especie figura en perigo crítico). (A entrada nesta base de datos inclúe un mapa da árae de distribución e unha breve xustificación de por que esta especie figura en perigo crítico). (A entrada nesta base de datos inclúe un mapa da árae de distribución e unha breve xustificación de por que esta especie figura en perigo crítico).
Outros artigos Lacértidos Galotiinos
Ligazóns externas Gallotia na ADW. Gallotia na EOL.
Categoría:Réptiles Categoría:Réptiles de España