David Pérez Doval, nado en Sarria o 12 de febreiro do 2002, é un futbolista galego que xoga como centrocampista, máis coñecido coma Doval.
Traxectoria No ano 2016 ingresou na canteira do Club Deportivo Lugo e disputou a Liga Galega e a División de Honor. Na tempada 2018-19 xogou cedido no xuvenil A do Club Polideportivo Calasancio, co que disputou 22 partidos oficiais.
En xuño do 2019 rescindiu contrato co Club Deportivo Lugo e no verán do 2019 comeza a tempada co filial do Leganés B e debuta na Terceira División fronte ó Alcorcón B con 17 anos. En outubro do 2019 regresa a Lugo e ingresa nas filas do primeiro equipo da Sarriana e debuta o 1 de novembro de 2019 na liga Preferente fronte ó San Tirso. Ao finalizar a tempada 2019-20 rescinde contrato coa Sarriana e volve a ser propiedade do Leganés. Na temporada 2020-21 firma polo equipo xuvenil do Pontevedra CF. Tras completar unha temporada no Pontevedra, asinou un contrato co AD Ceuta no seu primeiro ano de sénior onde competiu na 2ª RFEF.
Clubs
Club Deportivo Lugo B Cadete (2016-2017)Ficha do xogador en lapreferente.com Club Deportivo Lugo Cadete (2017-2018) Club Deportivo Lugo B Cadete (2017-2018) Club Polideportivo Calasancio (2018-2019) (cedido) Club Deportivo Leganés B (2019-2020) SD Sarriana (2019-2020) Pontevedra CF (2020-2021)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Facebook LaPreferente Unión Futbolera
Categoría:Futbolistas de Sarria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 2002 Categoría:Xogadores da SD Sarriana