Mellon Collie and the Infinite Sadness (tamén acurtado como Mellon Collie ou abreviado a MCIS) é un dobre CD e triplo LP que foi editado o 24 de outubro de 1995 pola banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins a través do selo Virgin Records. No álbum aparece unha ampla gama de estilos, así como unha maior contribución musical por parte da baixista D'arcy Wretzky e do segundo guitarrista James Iha. Foi producido polo líder do grupo Billy Corgan con Flood e Alan Moulder.
Empurrado polo sinxelo "Bullet with Butterfly Wings", o traballo estreouse no número 1 das listas da Billboard, vendendo 246.500 copias na súa primeira semana. Do álbum esditáronse cinco sinxelos máis durante 1996: "1979", "Zero", "Tonight, Tonight", o promocional "Muzzle" e "Thirty-Three". O disco foi certificado diamante pola RIAA ao vender 10 millóns de unidades.
No mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o noveno mellor álbum dos anos 90.
Listaxe de cancións A versión do álbum en CD está dividida en dous CDs chamados Dawn to Dusk e Twilight to Starlight. A versión en casete está dividida do mesmo xeito. O triplo vinilo está dividido en seis caras: "Dawn", "Tea Time", "Dusk", "Twilight", "Midnight" e "Starlight", respectivamente. O vinilo tamén contén dúas cancións extra, e unha listaxe de cancións distinta. Os sinxelos de Mellon Collie... están recollidos na caixa The Aeroplane Flies High, a cal tamén inclúe a canción extra do vinilo "Tonite Reprise".
CD / Casete
Vinilo Dawn "Mellon Collie and the Infinite Sadness" (2:52) "Tonight, Tonight" (4:14) "Thirty-Three" (4:10) "In the Arms of Sleep" (4:12) "Take Me Down" (2:52)
Tea Time "Jellybelly" (3:01) "Bodies" (4:12) "To Forgive" (4:17) "Here Is No Why" (3:45) "Porcelina of the Vast Oceans" (9:21)
Dusk "Bullet with Butterfly Wings" (4:18) "Thru the Eyes of Ruby" (7:38) "Muzzle" (3:44) "Galapogos" (4:47) "Tales of a Scorched Earth" (3:46)
Twilight "1979" (4:25) "Beautiful" (4:18) "Cupid de Locke" (2:50) "By Starlight" (4:48) "We Only Come Out at Night" (4:05)
Midnight "Where Boys Fear to Tread" (4:22) "Zero" (2:41) "An Ode to No One" (4:51) "Love" (4:21) "X.Y.U." (7:07)
Starlight "Stumbleine" (2:54) "Lily (My One and Only)" (3:31) "Tonite Reprise" (2:40) "Farewell and Goodnight" (4:22) "Infinite Sadness" (4:02)
Notas
Categoría:Álbums de The Smashing Pumpkins Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums producidos por Billy Corgan Categoría:Álbums producidos por Flood Categoría:Álbums producidos por Alan Moulder Categoría:Álbums de Virgin Records