Elsa Lafuente Medianu, nada o 18 de xullo de 1976 en Madrid, é unha actriz española máis coñecida polo seu nome artístico Elsa Pataky. O seu pai, José Francisco, é químico e a súa nai Cristina (de orixes romanesas) é publicista. O seu apelido artístico é o dun avó que a introduciu no mundo da interpretación.
Comezos Estudou xornalismo na Universidade San Pablo CEU, ao tempo que comezaba a formarse como actriz. Estudou con Ángel Gutiérrez e Paco Pino e formou parte da compañía teatral Teatro Cámara de Ángel Guitiérrez, coa que realiza as súas primeiras aparicións no escenario.
En 1997 deixa temporalmente os estudos ao ser contratada para a serie Al salir de clase, que lle serviu de entrada no mundo televisivo como ponte para aparecer nos seus primeiros filmes, Clara (1999) e El arte de morir de Álvaro Fernández Armero xunto con Fele Martínez e Gustavo Salmerón.
Destaca a súa facilidade para os idiomas ao falar castelán, francés, inglés e romanés con fluidez, e tamén italiano, o que lle serviu para actuar nos respectivos idiomas en varias coproducións con Francia e Gran Bretaña.
Filmografía AnoTítuloPapelNotas1997Solo en la buhardillaChica revistaCurtametraxe1997Al salir de clase Raquel AlonsoSerie de televisión (192 episodios)1998Tio Willy Serie de televisión (1 episodio)1998La vida en el aire Serie de televisión (13 episodios)2000The Art of Dying Candela2000Hospital CentralMaribelSerie de televisión (2 episodios)2000TatawoBlanqui2000Less Is More Diana2000Queen of SwordsVera HidalgoSerie de televisión (14 episodios)2001Sin noticias de DiosCamareira do inferno2001Twelfth NightMarta Cuspineda2002ClaraTelefilme2002Peor imposible ¿qué puede fallar?Fátima2002Paraíso LuisaSerie de televisión (1 episodio: "El cebo")20037 vidasCristinaSerie de televisión (1 episodio: "La jaula de las locas")2003Beyond Re-AnimatorLaura Olney2003El furgónNina2003Atraco a las 3... y mediaKatya2003Los SerranoRaquel AlbaladejoSerie de televisión (11 episodios)2004Romasanta. A caza da bestaBarbara2004Tiovivo c. 1950Balbina2005IznogoudPrehti-Ouhman2005Arquitectura efímera deconstruida Vídeo 'Retorciendo palabras'Vídeo2005NinetteAlajandra 'Ninette'2005Films to Keep You Awake: The Christmas TaleEkranTelefilme2006Snakes on a PlaneMaria2007Manuale d'amore 2Cecilia2008MáncoraXimena Saavedra2008Skate or DieDany2008SantosLaura Luna2009GialloCeline2009Give 'Em Hell, MaloneEvelyn2009Mujeres asesinas Paula MoncadaSerie de televisión (1 episodio: Ana y Paula, ultraxadas)2010Mr. NiceIlza Kadegis2010Di Di HollywoodDi Di2011La importancia de llamarse EnestoCurtametraxe2011Fast FiveElena Neves2011Where the Road Meets the SunMichelle2011Snowflake, the White Gorilla / Copito de nieveBruxa do Norte2012All Things to All MenSophia Peters2012The Wine of SummerVeronica2013Fast SixElena Neves
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Ficha na IMDb A páxina da súa colección téxtil
Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade San Pablo CEU